Prosegue o ciclo “Á xunta da noite”

0

O programa Á xunta da noite trasladouse este venres á parroquia de Igrexafeita. No evento participaron a agrupación de gaitas das escolas municipais, o pallaso Peter Punk -co espectáculo “Pankdemia” e os cantareiros do Padroado da Cultura do Concello de Narón. O próxima cita con este ciclo organizado pola Concellaría de Cultura levaranos o venres que vén á área recreativa de Lamas traendo como convidados a Circus Magníficus, aos Argalleiros de Oroso e a Lenda Ártabra. Haberá servizo de cantina e tamén liscos para cear (5€ incluída bebida). Ao remate da xornada sortearanse vales canxeables na hostalaría, no comercio ou en empresas de servizos locais. O aforo está limitado a un máximo de 100 persoas -con prioridade para veciñanza empadroada- e as localidades deberán reservarse de balde chamando ao 616 332 919 ou no correo agustin.perez@sansadurnino.gal.

Á xunta da noite prolongarase até mediados de setembro con eventos itinerantes en Lamas (14 de agosto), no adro da igrexa de Santa Mariña do Monte (21 de agosto), ao pé do castelo de Naraío (28 de agosto), na capela de Santiago de Silvalonga (4 de setembro), ao carón do palco da música de San Paio de Ferreira (11 de setembro) e, como remate, o día 18 de setembro na área recreativa dos Currás, en San Sadurniño. A hora é a mesma en todos os casos: 20.00h.

Este programa itinerante combina música, humor, maxia e circo coa finalidade de achegar a cultura e o entretemento a todo o municipio a través de espectáculos de pequeno formato que, ademais, tamén pretenden contribuír á recuperación económica da hostalaría e dos negocios que se viron máis afectados polo confinamento.

Share.