Procesos selectivos de persoal

0

Todos os procesos selectivos de persoal municipal encóntranse publicados na Sede Electrónica do Concello de San Sadurniño dentro do Portal de Transparencia/Institucional/Persoal. Accedendo a el podemos descargar, por unha banda, as bases relativas a cada posto e, por outra, a documentación xerada en cada convocatoria, como por exemplo anuncios de persoas admitidas, datas de exames, resultados, etc.

Por este motivo, e a efectos de seguridade xurídica, todos os procesos deberán seguirse desde o citado apartado de Transparencia, xestionado directamente polo departamento de Secretaría Municipal.

Con todo,  os tres avisos sobre procesos abertos que se atopan na columna dereita da portada da web (Oficial/a de maquinaria, Traballador/a Social e os dous de persoal funcionario de Administración) seguirán actualizándose até a súa finalización, procurando que a publicación da documentación sexa inmediata trala súa subida ao apartado correspondente do portal de Transparencia.

 

Share.