Proceso de admisións no CPI para o curso 2017/2018

0

A web do CPI de San Sadurniño xa ten colgada toda a documentación relativa ao proceso de admisión de alumnado para o curso que vén. O centro oferta 211 vacantes e o prazo para botar a solicitude estará aberto desde o 1 ao 20 de marzo. Para coñecer a listaxe provisional de admisións haberá que agardar, como moito, até o 25 de abril.  Os listados definitivos deberán estar publicados antes do 15 de maio.

Os prazos de matrícula varían dependendo dos cursos. En Educación Infantil e Primaria establécese un período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño, para a ESO o prazo estará aberto do 25 de xuño ao 10 de xullo. A ESO tamén terá un prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.

Documentación descargable:
Impresos Admisión.pdf
Información Admisiòn.pdf
Instrucións direccion xeral curso 2017-18.pdf

Instrucións xefatura territorial.pdf
Orde Admisión 12 marzo 2013.pdf
Orde Admisión 25 xaneiro 2017.pdf

 

Share.