Peche do Concello os días 24 e 31 de decembro

0

Como ocorre todos os anos, o Concello permanecerá pechado o día de Noiteboa – luns 24 de decembro – e o día de Ano vello -luns 31 de decembro-. Porén, cómpre lembrar que eses dous días -e calquera outro do ano- poderá empregarse a Sede Electrónica para rexistrar por vía telemática calquera documento.

É importante ter en conta isto se temos pensado solicitar algunha das bonificacións previstas na nova ordenanza reguladora da “contribución”. O último día para presentar a petición é o 31 de decembro se queremos que se nos apliquen os descontos nos recibos de 2019. Polo tanto, se imos rexistrar a solicitude de forma presencial teremos que facelo, como moi tarde, o venres 28 antes das 14.30h. Ou, se non, a través da Sede Electrónica ata as 23.59h. do día 31 de decembro.

Por outra banda tamén informamos que a arquitecta municipal atenderá ao público os días 26 de decembro e 2 de xaneiro en horario de 10 a 14.00h.

Share.