O Concello convoca unha nova praza de persoal administrativo interino

0

O Boletín Oficial da Provincia do luns publicou a resolución coa convocatoria dun proceso selectivo para contratar unha persoa na área de administración, en substitución dunha traballadora que marchou para Neda en comisión de servizos. A vacante que se cubrirá en rexime de interinidade encádrase no grupo C, subgrupo C1, da escala de administración xeral, subescala administrativa. O anuncio publicado no BOP marcaba un parazo de 10 días naturais para presentar as instancias, co que o prazo finaliza o 13 de outubro. Esta nova convocatoria coincide cos últimos compases doutra aberta no mes de xullo tamén para a selección de persoal administrativo. De feito, para este venres programouse na Casa da Xuventude o último dos exercicios prácticos, ao que chegaron só tres das 24 persoas aspirantes.

No caso da nova praza convocada esta mesma semana, os requisitos para poder concorrer a ela son os seguintes: ter nacionalidade española ou dun estado membro da UE, ter feitos os 16 anos, posuír -como mínimo- o título de bacharelato ou titulación equivalente, dispor de capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións do posto, non ter sido separado ou separada dunha administración pública mediante expediente disciplinario ou inhabilitación, e acreditar o coñecemento do galego, ben co Celga 4 ou equivalente ou a través da proba de avaliación que se fará na fase de oposición.

Para participar no proceso será necesario presentar a instancia que figura como anexo nas bases, así como a fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación, a declaración responsable do cumprimento de todos os requisitos necesarios, a relación de méritos xunto coa documentación acreditativa -orixinal ou copia cotexada-, o xustificante de ter pagados os dereitos de exame (15€  que cumprirá ingresar na conta ES74-2080-0208-0131-1000-0059), a fotocopia da titulación esixida na convocatoria e a fotocopia do Celga 4 ou titulación equivalente. Quen non cumpra este último requisito deberá facer a proba de galego que só valorará como “apto/a” ou “non apto/a” -non se obterá puntuación- aínda que, iso si, será eliminatoria.

Na fase de concurso valoraranse os méritos con ata 25 puntos. Entre eles teranse en conta os servizos prestados na administración local en postos de igual ou similar natureza (10 puntos como máximo) e os que se prestasen na empresa privada, noutras administracións ou entidades do terceiro sector facendo tarefas semellantes (máximo 5 puntos). Tamén se valorará a formación: ata 5 puntos por cursos oficiais sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo convocado e outros 5 como máximo por ter titulación superior á esixida na convocatoria.

fase de oposición ten un tope de 75 puntos e estará composta por tres exercicios e o cuarto -que non puntúa- sobre coñecemento do galego para quen non o acreditase previamente. O primeiro será un cuestionario tipo test con 50 preguntas sobre o temario -máis 5 de reserva- que deberán responderse nun máximo de 60 minutos. Este exercicio dará ata 25 puntos e será eliminatorio se non se alcanzan os 10.

O segundo exercicio consistirá en desenvolver por escrito un máximo de 10 preguntas curtas sobre a parte específica do temario que despois deberán expórselle ao Tribunal. Durará tamén 60 minutos, poderán obterse ata 25 puntos e quedarán fóra as persoas que non consigan 10 como mínimo.

A terceira proba da oposición centrarase na resolución por escrito e posterior exposición dun máximo de 3 supostos prácticos referidos ao posto. A duración do exercicio será de 90 minutos, poderán consultarse textos legais e a puntuación máxima será de 25 puntos e tamén será eliminatorio para quen non chegue aos 12,5.

Tribunal estará composto por unha persoa na presidencia que deberá ser funcionaria de carreira pertencente a un corpo ou escala que esixa para acceder a ela unha titulación igual ou superior á convocada, por tres vocalías cos mesmos requisitos e por unha persoa na secretaría que deberá ser funcionaria con habilitación de carácter estatal ou quen legalmente a substitúa.

prazo de 10 días naturais para presentar as instacias de participación neste proceso selectivo compútase desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, desde o 4 de outubro, incluído. Así dános que o último día para a presentación de instancias será o 13 de outubro.

Convocatoria e bases publicadas no BOP do 3/10/2017
Anexo 1: Folla de solicitude de participación no proceso en PDF, DOC e ODT
Anexo 2: Temario da fase de oposición (PDF)

Share.