Do 20 ao 29 de setembro estará aberta a preinscrición nas escolas culturais municipais

0

Chegado mediados de setembro o Concello adoita abrir o periodo de preinscrición nas actividades culturais que ofrece entre outubro e xuño. Trátase diso, dunha preinscrición, xa que antes de iniciar calquera das escolas é necesario saber se hai xente suficiente para que boten a andar. De feito, para cada unha delas fará falla xuntar un grupo mínimo de 10 persoas. No curso 2017-18 volvemos ter música coral, música tradicional -canto e pandeireta- e tamén gaita. Actividades que se combinan coas ofertadas por entidades do territorio como a Asociación-Club Brío, ConcienciArte ou o Club de Fútbol San Sadurniño e o Aldebarán de volei, que se encargan das escolas municipais nestas dúas disciplinas. Quen queira participar nas actividades organizadas polo Concello deberá preinscribirse no Rexistro do Concello ou chamar ao 981 490 027. 

A programación municipal de actividades físicas abrangue o fútbol, o volei e a ximnasia de mantemento. Para as dúas primeiras cómpre contactar co CF San Sadurniño -618.527.359 ou 669.638.282- e co Aldebarán -636.728.186 ou 696.085.847- xa que son estes dous clubes quen levan as escolas como xeito de ir creando canteira para os seus equipos masculinos e femininos.

A ximnasia vai dirixida a persoas maiores e volverá impartirse semanalmente nos locais sociais das parroquias e no ximnasio do CPI. As escolas culturais -gaita, pandeireta e música coral- tamén están descentralizadas, de maneira que as disciplinas relacionadas coa música tradicional se imparten en Naraío mentres que o solfexo e o canto, que ata o ano pasado estaban repartidos entre Lamas e San Sadurniño, seguramente pasen para algún destes dous lugares e nun único grupo.

Como é habitual, o Concello abre quince días antes do comezo das escolas un período de preinscrición co obxectivo de formar grupos dun mínimo de 10 persoas interesadas en cada actividade. Por iso é necesario pasar polo Rexistro municipal ou chamar ao 981 490 027 para deixar os nosos datos e a escola á que queiramos asistir. Tan pronto como se confirme que hai xente dabondo para sacar adiante a actividade o Concello volveranos chamar indicándonos xa a data de inicio.

A matrícula está establecida en 15 euros por cada actividade. Despois hai unha cota cada tres meses que varía dependendo das idades:

  • Persoas menores de 14 anos: 24 € trimestre
  • Persoas entre 14 e 18 anos: 30 € trimestre
  • Persoas maiores de 18 anos: 36 € trimestre
  • Persoas maiores de 65 anos: 24 € trimestre

O pagamento pode facerse directamente na Casa da Cultura. Porén, para non ter que preocuparse de ter que ir alí cada tres meses é moi recomendable domiciliar o cobro destas taxas -matrícula e trimestre- no momento en que se formalice a inscrición na Casa da Cultura.

Ximnasia para persoas maiores

luns

martes

mércores

xoves

venres

16.00 a 16.45

Naraío

16.00 a 16.45

Ferreira

16.00 a 16.45

Naraío

16.00 a 16.45

Ferreira

16.00 a 16.45

S. Mariña

17.00 a 17.45

Lamas

17.00 a 17.45 San Sadurniño

17.00 a 17.45

Santa Mariña

17.00 a 17.45

San Sadurniño

17.00 a 17.45 Lamas

18.00 a 18.45

Igrexafeita

18.00 a 18.45 Bardaos

—-

18.00 a 18.45 Bardaos

18.00 a 18.45

Igrexafeita

 

Escolas de música

martes

mércores

xoves

Iniciación gaita Naraío

19.30 a 21.00

Iniciación pandeireta

3 a 6 anos

18.00 a 19.00

Iniciación solfexo

19:15 a 21:15

Perfeccionamento gaita

Naraío

21.00 a 22.30

Perfeccionamento pandeireta infantil

19.00 a 20.00

Perfeccionamento solfexo

21:30 a 23:30

Grupo persoas adultas pandeireta

20.00 a 21.00

 

Brío prepara novos grupos para catro disciplinas distintas
Pola súa banda, a Asociación e mailo Club Brío de danza e ximnasia rítmica teñen aberto o prazo de inscrición nas súas actividades, ofrecendo ademais a posibilidade de probar de balde en todas elas antes de apuntarse. Teñen catro propostas: ximnasia rítmica, danza contemporánea, hip-hop e, no caso de xuntar grupo, tamén baile galego.

O programa de clases abertas e gratuítas é o seguinte:

  • Xoves 21 e 28 de setembro, 16.00 a 17.30h. no Pavillón Municipal: Ximnasia Rítmica
  • Venres 22 e 29 de setembro, 17.00 a 20.15h. na Casa da Cultura: Danza contemporánea (17.00 a 18.00h. para rapazada de 3 a 7 anos, de 18.00 a 19.00h. para nenos e nenas de 8 a 14 anos e de 19.15 a 20.15h. para mocidade de 15 anos en diante)
  • Vernes 22 e 29 de setembro, no ximnasio do CPI: Hip-Hop (18.15 a 19.15h. para as nenas e nenos máis pequenos e de 19.15 a 20.15h. para idades entre os 8 e 14 anos. A clase trasladarase logo á Casa da Cultura -sobre as 20.20h.- para atender o grupo de 15 ou máis anos).
  • Sábados 23 e 30 de setembro, 12.00 a 13.00h., na Casa da Cultura: Baile galego. Esta actividade ofértase como novidade sempre que se xunte un número mínimo de persoas interesadas.

Para obter máis información  pódese contactar con Brío-Danza e Rítmica a través da súa páxina en facebook ou do correo electrónico brio09@ymail.com.

Escolas de Ioga e Pilates
Ademais das actividades culturais e físicas promovidas tanto polo Concello como por Brío, en San Sadurniño tamén comezaron xa as sesións de Ioga e Pilates, organizadas no primeiro caso pola asociación ConcienciArte e no segundo por un ximnasio de Narón. Dúas disciplinas distintas pero que teñen en común o obxectivo principal de reequilibrar corpo e mente. Se ben o Ioga se centra na relaxación e no control mental do corpo, o método Pilates ocúpase do mantemento de posicións mediante as que se gana en flexibilidade e fortaleza muscular.

O Ioga desenvólvese os martes e xoves na antiga escola de Silvalonga cun prezo de 20€ mensuais para as persoas socias de ConcienciArte e de 30 para as non socias. Para solicitar información ou incorporarse ao grupo é necesario chamar ao 639. 052.208. 

As clases do método Pilates teñen lugar na Casa da Cultura os luns e mércores cun prezo único de 25 € mensuais. As inscricións poden facerse no 665.957.056

luns

martes

mércores

xoves

20.00 a 21.00

Pilates

(grupo 1)

20.30 a 22.00

Ioga

local de ConcienciArte Silvalonga

20.00 a 21.00

Pilates

(grupo 1)

20.30 a 22.00

Ioga

local de ConcienciArte Silvalonga

21.00 a 22.00

Pilates

(grupo 2)

21.00 a 22.00

Pilates

(grupo 2)

Share.