Nuns días comezan as escolas culturais

0

Ao longo da semana que vén botarán a andar as distintas escolas culturais e as sesións de ximnasia de mantemento para persoas maiores organizadas polo Concello. Desde hai uns días está aberto o prazo de matrícula para todas aquelas persoas que confirmaron a súa asistencia durante o período de preinscrición. Ademais, as persoas que acudían ao ximnasio municipal -pechado por mor da actual situación- teñen como alternativa rutinas ao aire libre combinadas con traballo a cuberto no local social de Lamas. Tanto nas escolas como nas sesións de exercicios aínda hai algunhas vacantes dispoñibles. Debido ás novas restricións, as clases impartiranse con grupos máximos de 10 persoas. Quen queira apuntarse nas actividades culturais e na ximnasia de mantemento debe contactar co departamento de Cultura no 616 332 919 -de luns a venres de 8.30 a 14.30h.- ou enviarlle un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal. Para a práctica deportiva haberá que chamar directamente ao técnico de Deportes, David Guiñazú, ao 672 942 426.

O reinicio dos cursos vén marcado polas medidas preventivas e tamén pola novidade de que o seu desenvolvemento se fará en dúas quendas, unha do 19 de outubro ao 18 de decembro e outra do 18 de xaneiro ao 18 de xullo, de maneira que as escolas rematarán un mes máis tarde do que viñan facéndoo outros anos. Os días e horas quedan da seguinte maneira, ainda que no caso das culturais os grupos poderán variar os horarios acordándoos co profesorado.

Gaita

Pandeireta

Cantos de taberna

Ximnasia para persoas maiores

Martes

20.00h.

Local de Naraío

Mércores

17.00h.

Local de Naraío

Xoves

20.00h.

Casa da Cultura

Luns e mércores

16.00h a 17.00h.

Local de Naraío

Martes e xoves

16.00h. a 17.00h.

Casa da Cultura

Martes e xoves

17.15 a 18.15h.

Local social de Lamas

Mércores de 17.15 a 18.15h.

Venres de 16.00 a 17.00h.

Local social de Sta. Mariña

Os prezos en vigor das escolas son 16€ de matrícula e 31,83€ de cota trimestral para maiores de 18 anos e menores de 65. A rapazada, pensionistas, maiores de 65 anos, estudantes, familias numerosas e titulares do Carné Xove pagarán 15,32 euros de matrícula e 21,23€ cada trimestre.

No caso da actividade física, o lugar elixido para facer exercicio é o local social de Lamas, con sesións os seguintes días e horas:

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

17.15 a 18.15h.

17.15 a 18.15h.

18.30 a 20.00h.

18.30 a 20.00h.

18.30 a 20.00h.

18.30 a 20.00h.

18.30 a 20.00h.

20.15 a 21.45h.

20.15 a 21.45h.

20.15 a 21.45h.

20.15 a 21.45h.

20.15 a 21.45h.

As persoas usuarias poden escoller as sesións que mellor lles cadren e , se o desexan, asistir en calquera dos horarios de luns a venres. Iso si, será necesario comunicarllo como moi tarde a véspera ao técnico deportivo -David Guiñazú, 672 942 426– para programar o seu desenvolvemento sen exceder os límites de capacidade preventiva do espazo.

Sen prazas xa para a andaina por Bardaos
O que si está cuberto é o cupo da andaina prevista por Bardaos na mañá do domingo 25 de outubro. De feito, e a raíz da nova orde da Consellaría de Sanidade, será necesario dividir a camiñada até Couto Agudo en dous grupos separados que sairán cuns minutos de diferenza con Carlos Cobelo como guía.

Para a que si hai sitio é para a ruta do domingo 29 de novembro, que nos levará até o Pico de Ferreira nun percorrido guiado que servirá para descubrir a riqueza natural, patrimonial e xeolóxica da zona. Ofértanse 20 prazas divididas en dous grupos de 10 persoas.Cubriranse por orde de solicitude e con preferencia para a veciñanza empadroada. Hai que chamar ao  616 332 919 ou mandar un correo a agustin.perez@sansadurnino.gal. Das próximas saídas -a partir de xaneiro- informaremos en vindeiros Novas e tamén na web e máis no facebook municipais.

Share.