Máxima prudencia!

0

Os contaxios de coronavirus en Galicia sobrepasaron xa o máximo do mes de abril. Desde a pasada medianoite están en vigor novas restricións que se deben observar con total dilixencia se queremos frear o avance da pandemia que, non nos enganemos, en San Sadurniño tamén está medrando. Aí vai unha cifra para facérmonos unha idea: o martes pola mañá había 6 casos confirmados -segundo o dato facilitado pola Xerencia da Área Sanitaria- e hoxe o mapa publicado polo SERGAS indica que xa son 13. Por iso repetimos e insistimos no que piden as autoridades sanitarias e o sentido común: temos que limitar os desprazamentos ao mínimo imprescindible, non reunirnos máis de 4 persoas que non vivamos xuntas -tampouco nas casas- e seguir aplicando todas as medidas de protección comunitaria, como son o uso da mascarilla, a hixiene de mans e non sobrepasar nunca a separación mínima de 1,5 metros. Se se teñen síntomas hai que chamar ao 900 400 116 e en ningún caso facer vida social se se tivo contacto estreito con persoas positivas. Na web do coronavirus.sergas.gal están resumidas as restricións en vigor para o noso concello, situado desde onte á noite en nivel medio-alto.

  • Durante o periodo comprendido entre as 22:00 e as 6:00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de, entre outras, as seguintes actividades:
    1. Adquisición de medicamentos, produtos sanitarios e outros bens de primeira necesidade.
    2. Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
    3. Asistencia a centros de atención veterinaria por motivos de urxencia.
    4. Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
    5. Retorno ao lugar de residencia habitual tras realizar algunhas das actividades previstas neste apartado.
    6. Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
    7. Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
    8. Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.
    9. Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades previstas nos parágrafos anteriores.

RESTRICIÓNS ÁS AGRUPACIÓNS DE PERSOAS

  • Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de catro persoas, excepto no caso de persoas conviventes en que non se aplicará esta limitación.

LIMITACIÓN DA ENTRADA E SAIDA DE PERSOAS

  • Entre o día 23 de decembro de 2020 ás 00.00 horas e o día 1 de febreiro de 2021 ás 00.00 horas, establécese unha limitación de entrada e saída na Comunidade Autónoma de Galicia, salvo para aqueles desprazamentos adecuadamente xustificados.
  • Para limitacións de mobilidade débese ter en conta que Narón, Ferrol, Fene, Cabanas, Pontedeume e Ortigueira teñen peches perimetrais, de maneira que non se pode entrar nin saír neles. As restricións perimetrais de todos os municipios de Galicia poden consultarse nesta ligazón.
  • As excepcións das limitacións de mobilidade contémplanse no número 3 do punto primeiro do Decreto 202/2020, do 3 de decembro.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Celebracións con motivo de cerimonias relixiosas ou civis: cun máximo de 50 persoas en espazos pechados e 100 ao aire libre.
  • Lugares de culto: 1/3 da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas en espazos pechados e 25 en espazos abertos sexan ou non conviventes.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 25 persoas entre familiares e achegados sexan ou non conviventes.
  • Bibliotecas, arquivos, museos: 50% da súa capacidade máxima permitida. As actividades culturais de grupo: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluido o monitor ou guía.
  • Cines, teatros e auditorios: Sentados: calculando 1,5 metros nas 4 direccións entre os asistentes cun límite máximo de 250 persoas nos espazos pechados e 500 persoas nos espazos ao aire libre.
  • Centros recreativos turísticos ou similares: 50% do aforo. As visitas de grupos serán dun máximo de 4 persoas, sexan ou non conviventes.
  • Centros cívicos e sociais:
    • Límite capacidade total: 50%
    • Actividades socioculturales grupais: Máximo 4 persoas, sexan ou non conviventes,excluido o monitor ou guía

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DIRIXIDAS Á POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL

  • Ao aire libre: o limite de participantes ao 50% da súa asistencia máxima habitual, cun máximo de 50 participantes, excluidos os monitores.
  • Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o 50% da capacidade máxima do recinto, cun máximo de 25 participantes, excluidos os monitores.
  • As actividades deberán realizarse en grupos de ata 4 persoas participantes, sexan ou non conviventes excluidos os monitores .

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • No interior: 30% do aforo. Non está permitido o consumo na barra.
  • Nas terrazas ao aire libre, limitación ao 50% das mesas.
  • A ocupación máxima será de 4 persoas por mesa ou agrupación de mesas, respectando a distancia mínima de seguridade interpersoal entre elas.
  • Horario do peche ao público: 18:00 horas (Orde do DOG núm. 260-Bis do 29 de decembro do 2020)

ESTABLECEMENTOS DE ALOXAMENTO TURISTICO E ALBERGUES

  • Zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos: 50% da súa capacidade.
  • Actividades de animación ou clases grupais: Máximo 4 persoas sexan ou non conviventes excluidos os monitores .

COMERCIO, CENTROS COMERCIAIS E MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • Locais e establecementos, independentemente da súa superficie: Límite do aforo 50% de capacidade.
  • Centros e parques comerciais: No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do aforo 30% de capacidade en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30%.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.
  • Mercados ao aire libre: 50 % dos postos habituais ou autorizados.
  • Os establecementos comerciais deberán pechar ao público ás 21:30 horas.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS NON FEDERADAS

  • Instalacións deportivas ao aire libre: individual e colectiva, sen contacto físico, e como máximo de 4 persoas de forma simultánea, sen contar o monitor.
  • Instalacións deportivas cubertas: grupos de ata 4 persoas sexan ou non conviventes sen contar o monitor, e sen superar o 50% da capacidade máxima permitida.

CELEBRACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS, ADESTRAMENTOS E DE COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO

  • O público sempre debe permanecer sentado tanto nas instalacións deportivas como na vía pública.
  • Límite de 250 persoas para lugares pechados e de 500 se se trata de actividades ao aire libre.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADE FORMATIVA XESTIONADA OU FINANCIADA POLA ADMON. AUTONÓMICA

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 50% respecto do máximo permitido.

FESTAS, VERBENAS, OUTROS EVENTOS POPULARES E ATRACCIÓNS DE FEIRAS

  • Peche das actividades.

MANTEMENTO DE HORTAS, VIDES E COIDADOS DE ANIMAIS

  • Permítense os desprazamentos entre concellos a aquelas persoas que teñan cultivos, vides. ou precisen atender animais, respectando en todo ocaso a distancia de seguridade e os protocolos de prevención establecidos.
Share.