Listado definitivo da adxudicación de prazas na EIM A Rolada

0

Rematado o prazo de reclamacións ao listado provisional e celebrada a comisión de seguimento e control da EIMo pasado 09-05-2017, apróbase o listado definitivo do alumnado admitido e excluido da EIM A Rolada para o curso escolar 2017-2018, quedando distribuídas as prazas sen variacións do seguinte xeito:

  • Unidade 0-1 (2 prazas cubertas)
  • Unidade 1-2 (12 prazas cubertas)
  • Unidade 2-3 (13 prazas cubertas).
  • Logo da adxudicación definitiva das prazas quedan un total de 11 prazas vacantes para o curso 2017-2018: 6 prazas na unidade 0-1, 1 praza na unidade 1-2 e 4 na unidade 2-3.

O venres 12 de maio a alcaldía ditou resolución co listado definitivo do alumnado admitido e excluído no procedemento de adxudicación de prazas na Escola Infantil Municipal A Rolada de San Sadurniño para o curso 2017-2018.

Con esa mesma data queda publicado o listado definitivo de admisións no taboleiro de anuncios da Casa do Concello -1º andar- e na galería da EIM A Rolada, con indicación ademais da puntuación obtida e a xornada e servizos concecidos a cada familia, ao abeiro do recollido no Regulamento de réxime interior da EIM A Rolada de San Sadurniño.

Nos días seguintes á aprobación definitiva farase a notificación individual a cada solicitante coa resolución da súa praza e a cota mensual que se deberá satisfacer en cada caso. As persoas solicitantes terán 15 días naturais dende a recepción da notificación da resolución da concesión para confirmar a súa praza e formalizar a matrícula no Concello.

A documentación para formalizar a matrícula está dispoñible nas ligazóns ao pé deste aviso, nas oficinas de servizos sociais do Concello e na EIM A Rolada. Se finalizado este perído non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

Documentación descargable:
Folla de matrícula e anexos (.pdf 2.2MB)

Share.