Listado de postos admitidos no mercado local do 28 de outubro

0

De acordo coas bases polas que se rexe a organización do mercado local de San Sadurniño do día 28 de outubro de 2018, publícase o listado completo de postos admitidos. Serán un total de 30 entre viveiros, produción alimentaria, artesanía e puntos de venda de artigos de segunda man. No listado que se pode descargar algo máis abaixo tamén se marcan as horas de entrada no recinto.

O programa do mercado inclúe, ademais, música con membros da Banda de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón e un espectáculo humorístico no que se repartirán castañas asadas completamente de balde.

Listado de postos admitidos

Share.