IX Xornada de Cultura popular galega

0

“Sobre mares e músicas populares”

Desde o ano 2009 Berros do Castro organiza na última fin de semana de setembro a Xornada de Cultura popular galega para promocionar, dinamizar e por en valor diferentes aspectos relacionados coa tradición cultural. Este ano a xornada leva por título “Sobre mares e músicas populares”.

Seguindo a estructura das anteriores edicións, as xornadas do 2017 divídense en 3 bloques culturais: unha exposición, un obradoiro -neste caso centrado na afinación da gaita e o manipulado de palletas- e un apartado de concertos no que participarán o docente do obradoiro, o mestre gaiteiro Daniel Bellón (acompañado de Diego Maceiras), a agrupación Faragull@s de Ferrol e a formación tradicional Os Enxebres de Cacheiras.

Para obter máis información sobre a xornada ou inscribirse na lista de agarda do obradoiro -que xa hai varios días que completou o seu cupo- é necesario contactar coa AFC Berros do Castro no seu correo electrónio -berrosdocastro@gmail.com- ou nos teléfonos 626 140 798 / 669 795 418. Tanto a exposición como os concertos que acollerá a Casa da Cultura son gratuítos.

marExposición “Mar”
Datas: do 1 ao 6 de outubro.
Lugar: recibidor da Casa da Cultura.

O fotoxornalista Kiko Delgado -colaborador da Axencia EFE- rescata a natureza e mesmo o lixo que cuspe o mar para retratalos coma se fosen persoas. A finalidade é ofrecer un punto de vista distinto e alonxado das habituais estampas da costa de Ferrolterra, pero tamén concienciar sobre a contaminación dos nosos mares.

 

bellonObradoiro de música “Afinación para gaita galega”
Día: domingo 1 de outubro.
Lugar: Casa da Cultura. Prazas xa esgotadas, aínda que hai posibilidade de anotarse nunha lista de agarda.
Horario: 6 horas repartidas entre a mañá e a tarde.

O mestre gaiteiro Daniel Bellón falará sobre a afinación da gaita galega e tamén sobre ese universo minúsculo que é unha palleta. Veremos a afinación clásica da gaita e algunas variantes segundo as épocas e lugares, así como a escala temperada. O temario tratará os distintos elementos da gaita, a afinación natural, a afinación con cinta, a compensación do instrumento, a afinación a dúo e as posturas alternativas. Na parte da palleta abordarase a elección do modelo máis axeitado, como preparala e rodala e os movementos básicos. De feito, todas as persoas inscritas deberán levar cadansúa gaita e tamén algunhas palletas vellas coas que poder facer prácticas.

 

Concertos da IX Xornada de Cultura popular

Día: domingo 1 de outubro
Lugar: Casa da Cultura, entrada gratuíta ata completar aforo
Horario: 20.00

O apartado de actuacións musibellonmaceirascais abrirao o propio Daniel Bellón acompañado de Diego Maceiras cun concerto didáctico no que se mostrarán algúns dos recursos mostrados aos participantes no curso da mañá e parte da tarde.

 

cacheirasAo remate do recital de Bellón&Maceiras a sesión continuará coa actuación dos Enxebres de Cacheiras. Este grupo tradicional naceu en 1939 e botou percorrendo Galicia case 50 anos. Tras unha década de silencio, en 2001 o neto dun dos seus compoñentes decide volver darlle pulo á formación como asociación cultural coa finalidade de divulgar a cultura e tradicións populares de Galicia. Actualmente son un cuarteto no que se usan os mesmos instrumentos que usaba a agrupación orixinal fundada por Manuel Landeira.

faragullasA clausura da xornada correrá por conta do grupo ferrolán Faragull@s. Compóñeno seis intérpretes da música popular procedentes de diferentes formacións e asociacións da comarca de Ferrolterra. Contan cunha longa traxectoria cantando pezas do folclore galego, ademais doutras pertencentes á tradición de Castela, Asturias ou Portugal.

Organiza: AFC Berros do Castro coa colaboración do Concello de San Sadurniño, a Cooperativa de Meirás e a Deputación da Coruña.

 

Share.