Grupos Municipais

A San Sadurniño correspóndelle un pleno formado por 11 persoas elixidas cada catro anos dentro dos comicios municipais. Só tres partidos presentaron en 2023 cadansúa candidatura para concorrer ás eleccións municipais, celebradas o 28 de maio. Daquela o censo contaba con 2.431 persoas en idade de votar das que, en total, acudiron ás urnas 1.694 , o que deu un índice de participación do 69,64%. Os resultados foron os seguintes:

Partido Votos obtidos Concelleiros/as % de voto
B.N.G 983 7 58,68%
P.P. 474 3 28,29%
PSdeG-PSOE 190 1 11,34%
en branco 28  – 1,68%
nulos 18  – 1,06

 

Consonte a estes resultados, no pleno do 17 de xuño de 2023 foi elixido por maioría alcalde de San Sadurniño Secundino García Casal, que tomou posesión do seu cargo xunto co resto de membros da corporación. Da configuración dos grupos políticos municipais deuse conta no pleno de organización do Concello, celebrado o 4 de xullo de 2023:

bngasemgifBloque Nacionalista Galego (www.bng.gal)

Secundino García Casal (Alcalde)

Mari Carmen Muíño Filgueira

Manuel Varela Mecías

Araceli Bellas Castro

Manuel Beceiro Couce

Raquel Piñeiro López

Manel Martínez Pérez


pp.gif_1738030972Partido Popular (www.ppdegalicia.gal)

María Belén Trigo Meizoso

María Esther Díaz Vergara

José Luís Hermida Prieto


psoeGrupo Mixto (integrado polo concelleiro que concorreu ás eleccións polo psdeg-psoe

Juan Alberto Rivera Franco