O Pleno é o máximo órgano da representatividade municipal e nel trátanse aqueles temas de maior trascendencia que lle afectan ao Concello, como poden ser os proxectos de orzamentos e outros asuntos que deben contar por lei co aval da maioría da corporación.
As sesións ordinarias quedaron fixadas para os últimos xoves dos meses impares ás 19.30h., mentres que os plenos extraordinarios convócanse polo xeral para resolver asuntos de certa urxencia que non poden agardar á seguinte sesión ordinaria. Habitualmente estes plenos están relacionados con prazos e programas doutras administracións ou con circunstancias especiais que requiren un tratamento inmediato por parte de toda a corporación municipal. No apartado específico podes descargar as actas das sesións celebradas desde 2008 e mesmo acceder ás gravacións dos plenos do 2014 en diante. Os plenos son abertos ao público, que mesmo pode intervir no caso dos ordinarios tralo levantamento da sesión.
Do pleno forman parte todos os concelleiros e concelleiras elixidos nas urnas. Ademais, en San Sadurniño hai dúas comisións informativas permanentes: a de Asuntos do Pleno e a de Facenda e Especial de Contas.
O goberno municipal de San Sadurniño quedou conformado por resolución da alcaldía o 18 de xuño de 2019, onde tamén se marcaron as tenencias da alcaldía. A súa composición variou coa marcha de Ana Belén Breixo Gundín en marzo de 2022, que foi substituída por Araceli Bellas Castro.
- Secundino García Casal, alcalde-presidente da corporación e competencias non delegadas en Servizos Sociais, Facenda e Deportes
- Manuel Varela Mecías, 1º tenente de alcalde e concelleiro de Desenvolvemento local, Participación veciñal e Réxime interno.
- Amparo Calvo González, 2ª tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Educación e Coordinación de programacións
- Manuel Beceiro Couce, concelleiro de Infraestruturas e Urbanismo
- Tomás Calvo García, concelleiro de Servizos e Medio Ambiente
- Araceli Bellas Castro, 3ª tenente de alcalde e concelleira de Igualdade, Benestar e Normalización lingüística
A Xunta de Goberno Local é un órgano colexiado do goberno municipal integrado polo propio alcalde e os concelleiros e concelleiras que el designou como tenentes para substituílo no caso de enfermidade, ausencia, dimisión ou falecemento. A Xunta de Goberno Local funciona con competencias delegadas do pleno e é, na práctica, o órgano executivo da administración municipal xa que nela apróbanse facturas, licenzas, autorizacións, e outras cuestións.Celébranse tres ao mes, os días 1, 11 e 21 e, de cadrar en festivo algún deles, a sesión pasa para o seguinte día hábil. A Xunta de Goberno Local está formada por:
- Secundino García Casal
- Manuel Varela Mecías
- Amparo Calvo González
- Araceli Bellas Castro (en substitución de Manuel Beceiro Couce desde o 21/04/2022)
Outro organismo permanente do Concello é a Mesa de Contratación, da que forma parte como presidente Manuel Beceiro Couce, xunto con dúas vogalías ocupadas pola persoa que ostente o cargo da Secretaría-Intervención do Concello e pola bibliotecaria municipal, Ana Isabel Gavín Merlán. Como secretaria titular actuará Mónica Cibreiro Caneiro. Poden asistir ás sesións da Mesa con voz pero sen voto os portavoces dos grupos municipais do PP e do PSOE, María Belén Trigo Meizoso e Lois Anxo Rodríguez Calvo, respectivamente.