Exposición pública da memoria da candidatura do Proxecto Xeoparque do Cabo Ortegal

0

Os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño presentan a proposta de declaración de Xeoparque Cabo Ortegal para o territorio que comprende os seus termos municipais e no procedemento de elaboración desta proposta de declaración de xeoparque é requisito por parte das administracións promotoras sometela aos trámites de exposición pública e de consulta, tal e como se establece no artigo 78 da sección 3ª da Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

De acordo con isto, exponse ao público por un período de 20 días a memoria da candidatura do Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, que tamén se poderá consultar nos taboleiros de anuncios dos sete concellos integrantes do proxecto, nas correspondentes webs municipais e na web proxecto.xeoparquecaboortegal.gal

Aquelas persoas que se consideren directamente interesadas neste proxecto poden emitir observacións e opinións mediante escrito dirixido ao Concello de Moeche, Rúa da Feira, 32, San Xoán 15563 Moeche, ou ao enderezo de correo electrónico: correo@moeche.gal, poñendo no Asunto: “Xeoparque.” ou ben na sede electrónica do Concello de Moeche  https://moeche.sedelectronica.gal/info.0

Share.