Entregados os premios do concurso de máscaras “Entroidadas”

0
O Concello entregou este mediodía os premios do concurso de máscaras “Entroidadas” organizado polo departamento de Cultura. Malia haber tan só 30 participantes, o xurado -formado por membros do colectivo O Aturuxo de Melpómene- tívoo moi difícil para elixir as mellores de cada categoría:
  • Infantil (vales de 50€ canxeables en Libraría Brétema): Asier Rodríguez Pedreira e Héctor Fernández Rañal
  • Xuvenil (vales de 50€ canxeables en Libraría Brétema): Eneko Rodríguez Pedreira, Aldara Bellón Sande e Antía Blanco Graña
  • Adulta (vales de 50€ para o comercio local): Sagrario Fraga Casal, Paula Rañal Díaz e María del Mar López Vellón
  • Comparsa (un vale de 100€ para un xantar ou cea na hostalaría local): Noelia e Pablo Sande
Ademais, entre as persoas que non levaron premio sorteáronse cinco lotes de produtos de proximidade. Foron parar a Mónica Muíño García, Pilar Dopico e Pascual Folgado, Noelia García, Xela Barro e Dara Dopico.
“Entroidadas” foi unha convocatoria municipal lanzada a mediados de xaneiro co obxectivo de manter a celebración do Carnaval a pesar das restricións, adaptándoo para iso a un formato virtual que asegurase o cumprimento da normativa preventiva e da prohibición de xuntárense persoas non conviventes.
Ao remate da entrega dos premios e os agasallos, a titular de Cultura, Amparo Calvo, volveu agradecer a participación da veciñanza neste concurso, agardando que “para o ano” o entroido sadurniñés “poida celebrarse doutra maneira”.
Share.