Elévase a definitivo o listado de admisións na EIM A Rolada

0

Rematado o prazo de reclamación, non se presentou ningunha reclamación nin modificación ao listado provisional do alumnado admitido e excluído no procedemento para a adxudicación de prazas na EIM A Rolada para o curso 2020-2021.

Este martes 30 de xuño reuniuse a Comisión de seguimento e control da EIM A Rolada, quen á vista do informe de valoración da Axente de Igualdade formula á Alcaldia o listado definitivo do alumnado admitido no procedemento de adxudicación de prazas da EIM A Rolada para  curso 2020-2021. Non rexistrándose ningún cambio, as prazas concedidas ascenden a un total de 25, das cales 25 son de reserva de praza e 10 de novo ingreso (1 na unidade 0-1, 10 na unidade 1-2 e 14 na unidade 2-3). Logo da axudicación definitiva ficarán un total de 13 prazas vacantes: 13 prazas na unidade 0-1, 3 na unidade 1-2 e 3 na unidade 2-3.

Tal e como se recolle no artigo 4.1.8. do regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal A Rolada, a resolución será publicada nos taboleiros (físico e electrónico) do Concello e na galería da EIM A Rolada e nos vindeiros días enviaráselles unha notificación individual ás persoas solicitantes coa resolución da súa praza e a cota mensual que lle corresponderá aboar en base aos servizos solicitados. As persoas solicitantes disporán de 15 días naturais dende a recepción da notificación da resolución de concesión para aceptar a súa praza e formalizar a matrícula correspondente. Se finalizado o prazo non se formalizase a matrícula, decaería o dereito á praza obtida.

A matrícula formalizarase preferentemente por vía telemática e se se cursase de xeito presencial no rexistro do Concello, deberán solicitar cita previamente entre as 8:30 e as 14:30 horas.

O persoal técnico muncipal responsable do recurso contactará no mes de agosto con todas as familias que cursen debidamente a matrícula para convocalas a unha reunión informativa no mes de setembro con motivo do comezo do curso escolar 2020-2021.

Modelo de solicitude de matrícula e información sobre o procedemento (.pdf)

Share.