Do 31 de marzo ao 6 de abril: Solicitude de axudas para alumnado beneficiario de bolsas de comedor

0

Desde o 31 de marto até o día 6 de abril, permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas de carácter directo dirixidas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar cuxo servizo xestiona a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, mentres estean suspendidas as clases presenciais.

Deste xeito, a Consellería de Educación aboará os menús escolares de todos os días lectivos mentres estean suspendidas as clases presenciais a aquelas familias que durante o curso son beneficiarias dunha bolsa de comedor gratuíta (que non pagan nada polo servizo) ou semigratuíta que pagan 1 euro/día, naqueles centros públicos cuxo servizo de comedor está xestionado pola Consellería.

Tal e como publica o Diario Oficial de Galicia, a solicitude formal deberá presentarse de xeito obrigatorio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Naqueles casos nos que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración do equipo directivo do CPI de San Sadurniño, enviando un correo cpi.sansadurnino@edu.xunta.gal ou chamando ao 695.556.016. 

IMPORTANTE: NON VAIADES EN PERSOA AO CENTRO PARA PEDIR INFORMACIÓN OU PARA FACER O TRÁMITE, ATENDERANVOS IGUALMENTE POR TELÉFONO O A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO.

Cada familia presentará unha única solicitude na que incluirá a totalidade dos fillos e fillas (cada un deles debidamente identificado) que sexan comensais gratuítos e semigratuítos de 1 € no comedor escolar xestionado pola Consellería nun centro de ensino público; así como a información da conta bancaria onde realizar o ingreso da compensación.

 

Share.