Do 25 de maio ao 1 de xuño: Exposición do Censo Electoral

0

As listas do censo electoral deste concello para as eleccións ao Parlamento de Galicia do próximo 12 de xullo de 2020 poderán consultarse na Casa do Concello por medios informáticos, previa identificación da persoa interesada e sempre con cita previa.

Admitirase como  documento de identificación calquera dos seguintes: dni, pasaporte ou permiso de conducir no que apareza a fotografía da persoa titular.

O prazo, horario e o lugar de consulta será:
– do 25 de maio ata o 1 de xuño (ambos días incluidos).
– de luns a venres dende as 08.30 ata as 14.30 horas, con cita previa.
– na oficina de administración e rexistro da casa do concello (1º andar)

As reclamacións presentadas fóra deste prazo non terán efecto neste proceso e resolveranse posteriormente. É importante que toda a veciñanza con dereito ao voto faga a consulta para detectar posibles erros, sobre todo aquelas persoas que fixeran recentemente os 18 anos ou quen realizase  cambios de domicilio dentro do concello neste ano.

Share.