Do 1 ao 16 de setembro: Apertura das inscricións en “Espazos das familias”

0

Durante o que resta de ano e a primeira metade de 2017, o Concello de San Sadurniño  vai desenvolver de novo o programa Espazos das familias, dirixido a familias con nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Trátase dunha actividade de apoio á educación que ofrece un contorno de relación e xogo onde os pais e nais poidan afondar no desenvolvemento das crianzas. Estes obradoiros contan con finanzamento da Deputación da Coruña.

As inscricións poden facerse do 1 ao 16 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais do Concello (Programa de Educación Familiar). Hai máis información chamando aos teléfonos 981 490 027 Ext.1 e 673 903 922.

Documentos descargables:
Folla de inscrición

Share.