Do 1 ao 15 de setembro: inscrición en “Espazos das familias”

0

Durante o curso 2017-2018, o Concello de San Sadurniño vai desenvolver de novo o programa Espazos das familias, dirixido a familias con nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. Trátase dunha actividade de apoio á educación que ofrece un contorno de relación e xogo onde os pais e nais poidan afondar no desenvolvemento das crianzas.

O prazo de inscrición estará aberto do 1 a 15 de setembro nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade do Concello.

Unha vez recollidas e analizadas todas as inscricións rexistradas no programa, estudarase a posibilidade e idoneidade dos grupos en xornada de mañá e tarde, tendo en conta a demanda especificada polas familias nas fichas de inscrición.

O comezo do programa “Espazos das familias” será o 4 de outubro, ás 17:00 horas na Casa da Cultura do Concello, co fin de convocar unha reunión informativa e de coordinación con todas as familias inscritas no programa.

Os puntos que se tratarán nesta reunión serán os seguintes:

  • Presentación do contido e calendario do programa

  • Presentación do persoal encargado de executar e coordinar o programa

  • Formación dos grupos de maná e tarde e aprobación do seu horario

  • Análise das temáticas de maior interese por parte das familias

  • Entrega de material e enquisa inicial

INSCRICIÓNS E MÁIS INFORMACIÓN: Nas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade do Concello ou a través do teléfono 981490027 ext.1

Ficha de inscrición e autorizacións para “Espazos das familias” (.pdf)

Share.