Cursos AFD da Fundación Laboral da Construción

0

Desde a Fundación Laboral da Construción infórmannos da realización de 4 cursos AFD (que dan acceso a un certificado de profesionalidade) nos vindeiros meses, nas instalacións que posúen no Polígono do Río do Pozo (Narón).

Os cursos son:

  • Representación de proxectos de edificación
  • Xestión contable e xestión administrativa para auditoría
  • Xestión ambiental
  • Soldadura con fío tubular. Este curso ten compromiso de contratación. É preciso ter experiencia previa como soldador/a. Realizarase unha proba de selección o 12/11/2018

As persoas interesadas deben contactar directamente coa Fundación: Marta María García Seco (Orientación Laboral), Polígono Río Pozo. Avda. dos Ceramistas, 65 – 66. 15573 Narón. Teléfono: 881 934 403

Share.