Convocatoria de emprego público: Traballadora/o Social

0

O obxecto desta convocatoria é a cobertura dunha praza de Traballador ou Traballadora Social como persoal funcionario de carreira, incluída na oferta de emprego público 2021, do Concello de San Sadurniño, grupo A, subgrupo, A2, escala, administración especial; subescala: técnica.

Documentación publicada sobre o procedemento:
Bases da convocatoria e temas (BOP do 22/12/2021)
Estimación parcial de recurso e publicación de bases corrixidas (BOP do 15/02/2022)
Anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG do  29/03/2022)

Anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE do 12/04/2022) O prazo para a presentación de instancias é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, polo que rematará o 12/05/2022. 

Lista provisional de persoas admitidas e excluídas (BOP do 08/08/2022). O prazo para a presentación de alegacións é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, polo que rematará o 11/08/2022.

Lista definitiva de persoas admitidas (Publicado en web o 18/10/2022). No documento tamén se inclúe a composición do tribunal e a data da proba dos coñecementos teóricos, que quedou fixada para o 02/11/2022 ás 10:00h na Casa da Xuventude de San Sadurniño.

Acta do tribunal coas puntuacións do primeiro exercicio e data da seguinte proba, que quedou fixada para o día 29/11/2022. (Publicado no tablón de anuncios o 04/11/2022).

Acta de resolución de alegacións (Publicado no tablón de anuncios o 24/11/2022)

Acta do tribunal coas cualificacións do 2º exercicio de defensa do caso práctico e apertura do prazo de tres días hábiles para presentar reclamacións (publicado no tablón de anuncios o 01/12/2022)

Acta do tribunal coas cualificacións do exercicio da entrevista e apertura do prazo de tres días hábiles para presentar reclamacións (publicado no tablón de anuncios o 13/12/2022)

Acta do tribunal coa resolución das alegacións ao exercicio da entrevista (publicado no tablón de anuncios o 17/01/2023)

Acta do tribunal coa baremación de méritos (publicado no tablón de anuncios o 24/01/2023)

Acta do tribunal coa resolución de alegacións e proposta de nomeamento (18/01/2023)

Anuncio de nomeamento de funcionaria (publicado no BOP do 13/02/2023)

 

Toda a información sobre os procesos abertos polo Concello de San Sadurniño pode consultarse no apartado de PERSOAL do Portal de Transparencia

Share.