Convocatoria de emprego público: Oficial/a de maquinaria

0

O obxecto desta convocatoria é a cobertura dunha praza de Oficial de maquinaria como persoal laboral fixo do Concello de San Sadurniño, grupo III, nivel C.D. 18, e a creación dunha lista de reserva.

Documentación publicada sobre o procedemento:
Bases da convocatoria e temas (BOP do 22/12/2021)
Anuncio publicado no DOG (29/03/2022)
Anuncio publicado no BOE (12/04/2022)

O prazo para a presentación de instancias é de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado, polo que finalizará o 12/05/2022. 

Lista provisional de persoas admitidas e excluídas (BOP do 08/08/2022)O prazo para a presentación de alegacións é de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOP, polo que finalizará o 11/08/2022.

Lista definitiva de persoas admitidas e excluídas (Publicado en web o 18/10/2022). No documento tamén se inclúe a composición do tribunal e a data da proba dos coñecemento da lingua galega -á que están chamados só os aspirantes que non achegaron certificado Celga 4 ou equivalente-, que quedou fixada para o 16/11/2022 ás 10:00h na Casa da Xuventude de San Sadurniño.

Acta do tribunal correspondente aos resultados da proba de Galego (só para aspirantes que non acreditasen coñecemento da lingua) e data da terceira proba, de coñecementos teóricos, que terá lugar o 30/11/2022 ás 11:00h na Casa da Xuventude. (Publicado no tablón de anuncios o 16/11/2022)

Acta do tribunal correspondente aos resultados da 2ª proba (coñecementos teóricos) e apertura do prazo de 3 días hábiles para a presentación de reclamacións. (Publicado no tablón de anuncios o 01/12/2022) Plantilla de respostas e Exame

Acta de resolución sobre as reclamacións presentadas ao exame tipo test (10/02/2023)

Toda a información sobre os procesos abertos polo Concello de San Sadurniño pode consultarse no apartado de PERSOAL do Portal de Transparencia

Share.