Bases proceso de contratación de persoal temporal ao abeiro do APROL Rural

0

O Concello de San Sadurniño acolleuse ás axudas do APROL Rural da Xunta de Galicia, que permitirán ofrecer outro contrato máis de 9 meses de duración a xornada completa para desenvolver distintas tarefas relacionadas coa limpeza de vías municipais e a roza de maleza.

O procedemento de selección será o mesmo que o utilizado para o PEL, é dicir, solicitaráselle ao Servizo de Emprego Público Estatal que envíe un listado de aspirantes que cumpran os requisitos e despois o Concello contactará con elas e eles para que, de teren interese, presenten a documentación e participen no concurso-oposición que se levará a cabo con posterioridade.

Por este motivo, desde o Concello insístese en que todas as persoas que queiran optar ao proceso (formar parte do listado que mande finalmente o SPEG) deben ter ao día a tarxeta de demanda de emprego e estar buscando traballo coincidente co posto que se oferta.

Bases do procedemento

Listado de aspirantes remitido polo SPEG (data de publicación en web: 16/07/2021)

As probas de selección celebraranse o luns 19 de xullo ás 10.30h no salón de plenos do Concello

Share.