Proceso selectivo para a provisión dunha praza de administrativo/a interino/a

0

Por resolución da Alcaldía de data do 10/10/16, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección, en réxime de interinidade, dunha praza de administrativo/a, mediante o sistema de concurso-oposición, para cubrir a vacante deste concello. O prazo para a presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo finalizou o 13 de decembro. A lista provisional de persoas admitidas e excluídas publicouse o 23 de decembro, mentres que a definitiva saiu no BOP o 18 de xaneiro de 2017. O 24 de xaneiro constituiuse o tribunal e fíxose a puntuación de méritos, que se publicou ao día seguinte. Tralas revisións de alegacións sobre as puntuacións dos méritos, o Tribunal fixou a celebración do primeiro exercicio para as 12.00h. do día 20 de febreiro de 2017 na Casa da Cultura. A segunda proba desenvolveuse tamén na Casa da Cultura a partir das 10.00h. do día 2 de marzo.

Listado de documentación oficial publicada en orde cronolóxica:

Ligazón ao anuncio do BOP do 14/10/2016
Corrección de erros publicada no BOP o 20/10/2016
Ligazón ao anuncio da convocatoria do BOE do 23/11/2016
Ligazón ao anuncio do BOP do 23/12/2016: Aprobación de listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas
Ligazón ao anuncio do BOP do 18/01/2017: Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas xunto co nomeamento do tribunal
Acta de constitución o 24/01/2017 do tribunal seleccionador para a provisión en interinidade dunha praza de administrativo/a e asignación provisional de puntuacións da fase de concurso. 
Acta do 13/02/2017 coa revisión de puntuacións da fase de concurso e convocatoria do 1º exercicio da fase de oposición para o 20/02/2017 ás 12.00h. na Casa da Cultura de San Sadurniño

Resultados dos exercicios:
-Acta do 20/02/2017 correspondente á constitución do tribunal para o primeiro exercicio da fase de oposición e publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes. Publicación tamén da data do segundo exercicio, que quedou fixado para o 02/03/2017 ás 10.00h. na Casa da Cultura de San Sadurniño.
-Folla de respostas do primeiro exercicio (20/02/2017)

-Acta do 02/03/2017 correspondente á constitución do tribunal para o segundo exercicio da fase de oposición e publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes. Publicación, ademais, da data do terceiro exercicio, que quedou fixado para o día 7/3/2017 ás 10.00h. no Salón de plenos do Concello de San Sadurniño. 

-Acta do 07/03/2017 correspondente á constitución do tribunal para o terceiro exercicio da fase de oposición e publicación das puntuacións obtidas polas persoas aspirantes así como a proposta de nomeamento como funcionaria interina polo periodo de seis meses á aspirante que obtivo a maior puntuación, Ana Belén Ermida Igrexas.

 

 

“BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DUN/HA FUNCIONARIO/A INTERINO/A DO GRUPO C, SUBGRUPO C1, ESCALA ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, CON ADSCRICIÓN Á ÁREA DE SECRETARÍA-INTERVENCIÓN, POR EXCESO OU ACUMULACIÓN DE TAREFAS, E MEDIANTE O SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO-OPOSICIÓN

1. Obxecto da convocatoria e xustificación:

O obxecto da presente convocatoria é o nomeamento dun/ha funcionario/a interino por exceso ou acumulación de tarefas por un período de seis meses.

A cobertura desta praza xustifícase na necesidade de aplicar un reforzo operativo as funcións inherentes da área de Secretaría-Intervención, tantas veces demandado en diversos informes da referida área. Concretamente, esta praza prestará funcións de apoio nesta área, que nos últimos anos viu incrementada a carga de traballo debido á necesidade de dar cumprimento á entrada en vigor dunha abundante lexislación de control económico e de subministración de información ao Ministerio de Facenda, nomeadamente a que ten que ver coa LO 2/2012 e da Orde HAP/2105/2012, paliando deste xeito a insuficiencia de medios técnicos e humanos existente ata agora.

2. Funcións da praza:

A persoa seleccionada deberá levar a cabo as seguintes funcións xenéricas:

  • Dar apoio administrativo na tramitación de expedientes no seu ámbito de traballo (área de Secretaría-Intervención), realizando tarefas concretas dos procedementos de acordo coas indicacións recibidas e os modelos e circuítos establecidos.
  •  Elaborar decretos, ditames, oficios e outros documentos administrativos aplicando os modelos de referencia.
  •  Facerse cargo das actividades de apoio á unidade de adscrición (área de Secretaría-Intervención).
  •  Colaborar mediante a realización de tarefas de apoio administrativo reforzando ás persoas responsables dos proxectos que se realicen dende a área.
  • Dar apoio á tramitación de expedientes de contratación mediante a realización das tarefas de apoio administrativo, reforzando ás persoas responsables técnicas do proceso.
  • Dar apoio á tramitación dos procesos relacionados coa xestión contable, orzamentaria, patrimonial e de tesouraría mediante a realización das tarefas de apoio administrativo e reforzo ás persoas responsables do proceso.
  • Dar apoio na tramitación de subvencións.
  • E en xeral, desenvolver todas aquelas tarefas semellantes que lle sexan atribuídas.

3. Réxime normativo:

No proceso de selección regulado polas presentes bases serán de aplicación o RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público e a Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no que resulten vixentes, a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o RD lexislativo 781/1986, de 18 do abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, a Lei 30/84, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, o RD 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da administración local, a Lei 5/1997, de 22 de xuño, de Administración Local de Galicia; o RD 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da administración xeral do Estado e provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios da Administración Xeral do Estado.

4. Período e modalidade de adscrición:

A praza será de funcionario ou funcionaria interina, ao abeiro do especificado no artigo 10.1 d) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que ten o seguinte teor:

“Son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: … d) O exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de seis meses, dentro dun período de doce meses.”

5. Procedemento de selección:

En atención á duración transitoria da interinidade, a selección efectuarase mediante concurso-oposición, debendo respectar en todo caso os principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e transparencia.

6. Requisitos das persoas aspirantes:

6.1. Os requisitos que deberán cumprir as persoas aspirantes son os seguintes:

a) Ser de nacionalidade española ou dun estado membro da Unión Europea, nos termos previstos, neste último caso no artigo 57.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público

b) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa

c) Estar en posesión do título de bacharelato ou titulación equivalente, debendo as persoas aspirantes xustificar a dita equivalencia, ou estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias

d) Posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente non ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado nos mesmos termos o acceso ao emprego público

f) Estar en posesión da titulación de lingua galega seguinte: Celga 4 ou equivalente. Este requisito será, no seu caso, substituído pola proba de avaliación reflectida no apartado 11.3.

6.2. Todos os requisitos anteriores deberán terse no momento de rematar o prazo de admisión de solicitudes e conservarse polo menos ata a data de nomeamento, coa exclusión do especificado no apartado f).

7. Presentación de instancias:

7.1. As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, conforme ao modelo que figura como Anexo I das presentes bases, dirixiranse á Alcaldía do Concello de San Sadurniño, e presentaranse no Rexistro xeral do Concello, en horario de oficina, no prazo de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

7.2. As solicitudes tamén poderán presentarse por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Neste caso, deberá comunicar ao Concello a remisión da solicitude dentro do prazo de presentación de instancias, por fax, correo electrónico ou calquera outro medio polo que quede acreditado.

7.3. Xunto coa solicitude as persoas aspirantes deberán achegar a seguinte documentación en documento orixinal ou copia debidamente cotexada:

  • Fotocopia do DNI, pasaporte ou documento de identificación
  • Declaración responsable de que cumpre todos os requisitos necesarios para se presentar ao proceso selectivo
  • Relación de méritos alegados que acheguen as persoas aspirantes, pola orde que se establece na convocatoria, unindo á dita relación os documentos xustificativos dos mesmos
  • Xustificante do pagamento de dereito a exame, de acordo coa Ordenanza fiscal reguladora, que ascende á cantidade de 15,00 euros, e que deberá ingresarse no seguinte número de conta do Concello: ES74-2080-0208-0131-1000-0059
  • Fotocopia da titulación esixida na convocatoria
  • Fotocopia do Celga 4 ou titulación equivalente

8. Admisión das persoas aspirantes:

8.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará unha resolución no prazo de 5 días naturais, que se publicará no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal, declarando aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión e outorgando o prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación da dita resolución, para presentaren as reclamacións oportunas ou emendaren os defectos existentes, nos termos do artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. De non existir persoas excluídas, aprobarase con carácter definitivo a listaxe de persoas admitidas.

8.2. Transcorrido o prazo de emenda de defectos, a Alcaldía declarará aprobada a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas, que se publicará no BOP da Coruña, e tamén no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do mesmo. Na citada resolución fixarase a composición do Tribunal.

8.3. Os sucesivos actos e comunicacións que se deriven da celebración deste proceso selectivo faranse públicos a través do Taboleiro de edictos da Casa do Concello e tamén na páxina web desta Administración.

9. Dereitos de exame:

Segundo a Ordenanza fiscal reguladora correspondente, establécese unha taxa de 15,00 euros para poder participar no proceso selectivo.

10. Tribunal:

10.1. O Tribunal cualificador será designado pola Alcaldía, en virtude do establecido no artigo 21.1 g) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e, en base ao establecido pola Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia e Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. O Tribunal terá a composición seguinte:

  • Presidencia (Titular e suplente): Unha persoa funcionaria de carreira pertencente a un corpo ou escala para o ingreso no cal se requira titulación igual ou superior á de agora esixida.
  • Vogalías (Titulares e suplentes): Tres persoas funcionarias de carreira pertencentes a un corpo ou escala para o ingreso no cal se requira titulación igual ou superior á de agora esixida.
  • Secretaría (Titular e suplente): Unha persoa funcionaria con habilitación de carácter estatal ou quen legalmente a substitúa.

10.2. A composición do tribunal, que se dará a coñecer xunto coa relación definitiva de persoas admitidas, deberá axustarse aos principios de imparcialidade e tenderá a paridade entre homes e mulleres.

10.3. O Tribunal non poderán constituírse nin actuar sen a presenza, polo menos, de tres dos seus membros, titulares ou suplentes, debendo estar presentes en todo caso as persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría, ou persoas en quen deleguen. De todas as reunións que faga o Tribunal a quen asuma a Secretaría redactará a correspondente acta.

10.4. Os membros do Tribunal absteranse de intervir e o comunicarán á autoridade que convoca cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 23.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. As persoas aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran aquelas circunstancias.

10.5. O Tribunal resolverá todas as dúbidas que xurdan en aplicación das presentes bases, así como nos casos non previstos polas mesmas.

11. Procedemento de selección:

O proceso de selección efectuarase polo sistema de concurso-oposición e desenvolverase en dúas fases:

11.1. Fase de concurso:

Na fase de concurso valoraranse ata un máximo de 40 puntos os méritos achegados polas persoas aspirantes, aplicando os criterios que se relacionan a continuación:

a) Por servizos prestados na administración local, en posto de igual ou similar natureza: Máximo 20 puntos.

Puntuación: 0,50 puntos por cada mes completo de servizos prestados. Os servizos a tempo parcial serán valorados proporcionalmente.

b) Por servizos prestados na empresa privada, realizando tarefas semellantes ás definidas no punto 1 das presentes bases: Máximo 10 puntos.

Puntuación: 0,20 puntos por mes completo de servizo. Os servizos a tempo parcial serán valorados proporcionalmente

Os extremos anteriores acreditaranse mediante certificación expedida polo órgano competente da Administración ou mediante a presentación dos contratos de traballo. En ambos os casos deberán achegar o informe da vida laboral.

c) Cursos de formación e perfeccionamento sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo que se selecciona: Máximo 5 puntos.

Puntuación:

· Ata 50 horas de duración: 0,2 puntos por curso

· De 51 a 100 horas: 0,4 puntos por curso

· De 101 a 150 horas: 0,6 puntos por curso

· De 151 a 200 horas: 0,8 puntos por curso

· Máis de 200 horas: 1,25 puntos por curso

Os cursos deberán ser impartidos por Administracións públicas, organismos públicos ou centros legalmente autorizados e recoñecidos polos anteriores. Non serán obxecto de avaliación os certificados expedidos por academias privadas.

d) Por posuír unha titulación superior á esixida na convocatoria: Máximo 5 puntos.

Puntuación:

· Título de Técnico superior de formación profesional na rama administrativa: 1 punto.

· Titulación universitaria de grao ou equivalente nas seguintes especialidades: Dereito, ADE, Ciencias Económicas e/ou Empresariais, Ciencias Políticas e da Administración, Socioloxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos: 2 puntos

Os estudos de Máster Universitario en calquera especialidade das relacionadas, serán computados no apartado 11.1.c) segundo a súa duración.

Os méritos alegados nos apartados c) e d) acreditaranse mediante copia compulsada dos correspondentes certificados ou diplomas expedidos por calquera Administración pública ou organismos e institucións públicas oficias dependentes das Administracións públicas ou centros legalmente autorizados e recoñecidos polos anteriores.

11.1.1. Publicación dos resultados dos exercicios da fase de concurso:

As puntuacións obtidas polos aspirantes na fase de concurso publicaranse no Taboleiro de edictos da Casa do Concello, inseríndose tamén na páxina web desta Administración.

Concederase un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións polos aspirantes, que se contará desde o día seguinte ao da data de publicación. Rematado o prazo de alegacións, e resoltas estas, o tribunal publicará os resultados definitivos da fase de concurso no Taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web desta Administración. No edicto de publicación destes resultados definitivos, tamén se convocará aos aspirantes para a realización do 1º exercicio da fase de oposición.

11.2. Fase segunda: Oposición

11.2.1. Puntuación máxima:

Na fase de oposición valoraranse ata un máximo de 60 puntos.

11.2.2. Celebración dos exercicios:

A data, hora e lugar de celebración dos exercicios, serán anunciados oportunamente na páxina web do Concello, así como no taboleiro de edictos, en consonancia coas presentes bases e concretamente co exposto tamén na base 11.1.1 anterior, polo que as persoas aspirantes non serán citadas expresamente para a súa realización.

11.2.3. Criterios de valoración na fase de oposición:

A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio, sendo os contidos e cualificacións os que de seguido se describen:

a) Primeiro exercicio:

Consistente na realización dun cuestionario tipo test con 50 preguntas (máis 5 de reserva) con 4 respostas alternativas nun tempo máximo de 60 minutos sobre as materias comprendidas no temario establecido no Anexo II. As respostas erradas non invalidarán as correctas.

Puntuación máxima: 20 puntos, quedando eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 10 puntos.

b) Segundo exercicio:

Consistente en desenvolver por escrito un máximo de 10 preguntas curtas sobre as materias comprendidas na parte específica do temario establecido no Anexo II. A determinación das preguntas farase polo Tribunal en sorteo público no mesmo momento da celebración do exame. Os exercicios exporanse oralmente ante o Tribunal.

O tempo máximo de realización será de 60 minutos e puntuarase o nivel de coñecementos, a capacidade de síntese e a maneira de exposición do mesmo en canto á formación xeral, así como a lectura do mesmo ante o Tribunal.

Puntuación máxima: 20 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non acaden un mínimo de 10 puntos.

c) Terceiro exercicio:

Consistirá na resolución, por escrito, dun máximo de 3 supostos prácticos referentes ás funcións do posto que o Tribunal determine, durante un tempo máximo de 90 minutos. Os supostos prácticos estarán relacionados coas materias que figuran na parte específica do Anexo II, non podendo os aspirantes consultar ningún tipo de texto legal.

Puntuación máxima: 20 puntos, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan unha puntuación mínima de 10 puntos. Puntuarase o nivel de resolución dos casos prácticos en relación ao coñecemento da materia e a súa lectura ante o Tribunal.

d) Exercicio sobre o coñecemento da lingua galega:

O artigo 51.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia establece que:

“[…], para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relacións coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do Galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega.”

Polo tanto, o exercicio consistirá en realizar unha proba escrita sobre o coñecemento da lingua galega. As persoas aspirantes deberán traducir un texto, facilitado polo Tribunal, de castelán para o galego ou de galego para o castelán. Esta proba terá unha duración de 30 minutos e cualificarase de “apto/a” ou “non apto/a”, quedando eliminadas as persoas aspirantes que non acaden a cualificación de apto ou apta.

Estarán exentas da realización deste exercicio as persoas aspirantes que teñan acreditado o coñecemento da lingua galega, mediante a presentación do correspondente certificado de aptitude do curso de perfeccionamento da lingua galega ou Celga 4, dentro do prazo de presentación de solicitudes.

11.2.4. Xeito de garantir o anonimato:

Nos exercicios non debe constar ningún dato do que se poida desprender a identidade da persoa aspirante. No intre da entrega do exercicio, facilitaráselles ás persoas aspirantes un sobre no que introducirán o seu nome.

Unha vez pechado o dito sobre, será identificado cun número na súa parte exterior, que será o mesmo que se estampe na primeira folla do propio exercicio.

11.2.5. Publicación dos resultados dos exercicios da fase oposición:

As puntuacións obtidas polos aspirantes nos exercicios da fase de oposición publicaranse no Taboleiro de edictos da Casa do Concello, inseríndose tamén na páxina web desta Administración.

Concederase un prazo de dez días hábiles para os efectos de alegacións polos aspirantes, que se contará desde a data de publicación dos resultados dos exercicios da fase oposición no Taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web desta Administración. Na publicación dos resultados indicarase a data límite para presentar as referidas alegacións.

Rematado o prazo de alegacións, e resoltas estas, o tribunal publicará os resultados definitivos dos exercicios da fase de oposición no Taboleiro de edictos da Casa do Concello e na páxina web desta Administración.

11.3. Cualificación final:

A cualificación final virá determinada pola suma da fase de concurso e máis a de oposición. En caso de empate entre as persoas aspirantes tomarase como referencia primeiramente a maior puntuación no primeiro exercicio da fase de oposición e de persistir, o segundo exercicio da mesma, e despois do terceiro. De seguir persistindo o empate, a maior puntuación nos apartados a), b) e c) da fase de concurso. De seguir persistindo o empate, este resolveras por sorteo.

12. Relación de persoas aprobadas e presentación de documentación:

12.1. Finalizado o proceso selectivo, o Tribunal fará públicas no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal a relación definitiva das persoas aspirantes aprobadas pola orde de puntuación obtida. Esta relación presentarase á Alcaldía coa proposta da persoa candidata que obtivese a maior puntuación para o seu nomeamento como persoal funcionario interino.

12.2. O Tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes ao da praza convocada.

12.3. A persoa aspirante proposta achegará no prazo de vinte días naturais, contados a partir da publicación da listaxe de persoas aprobadas no taboleiro de edictos e na páxina web municipal, os documentos seguintes:

  • Certificado médico acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto
  • Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial
  • Declaración xurada de non atoparse en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ao momento da súa toma de posesión
  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e certificado de conta bancaria

12.4. Se no prazo indicado, salvo caso de forza maior, a persoa aspirante seleccionada para ser nomeada como funcionaria interina, non presentase a documentación requirida, non poderá ser nomeada, causando baixa na lista definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo. Respectarase a orde de puntuación final para os casos de renuncias ou cuestións que non permitan o nomeamento dunha persoa aspirante.

13. Nomeamento:

Unha vez presentada a documentación, a Alcaldía nomeará á persoa aspirante proposta funcionaria interina, debendo tomar posesión e incorporarse ao posto de traballo no prazo dun mes, a contar dende o seguinte a aquel en que se lle notifique o chamamento.

O nomeamento publicarase no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web municipal.

14. Normas finais:

14.1. Para o non previsto nas presentes bases será de aplicación supletoria o establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local; Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia; Lei 2/2015, de 29 de abril do Emprego Público de Galicia; Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, así como no resto de normas vixentes de aplicación.

14.2. A resolución da Alcaldía que aproba as presentes bases por fin á vía administrativa e contra a mesma poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, segundo o establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Asemade, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, consonte ao disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que estime procedente. No caso de que se interpoña recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo.

ANEXO I: MODELO DE SOLICITUDE

PERSOA SOLICITANTE

APELIDOS

NOME

DOCUMENTO DE IDENTIDADE

ENDEREZO

LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL

TELÉFONO

DATA DE NACEMENTO

CORREO ELECTRÓNICO

COMPARECE e DI:

a) Que coñece e acepta as bases de selección para cubrir unha praza de persoal funcionario interino por acumulación de tarefas de Administración do grupo C1

b) Que desexa ser admitido/a ás probas selectivas convocadas

c) Que reúne todos e cada un dos requisitos establecidos nas bases da convocatoria

d) Que achega os documentos esixidos na base 11ª.

Por todo o exposto,

SOLICITA

Que se teña por presentada esta solicitude e sexa admitido/a ás probas selectivas para esta praza.

San Sadurniño, _____ de ________________ de 20____

Asdo.:”

Contra estas bases, que esgotan a vía administrativa, pódense interpor, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Alcaldía do Concello de San Sadurniño, de acordo cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou, á súa escolla, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio, conforme o establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se opta por interpor un recurso de reposición potestativo, non poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que considere pertinente.

San Sadurniño, 10 de outubro de 2016.

O Alcalde,

Secundino García Casal.

ANEXO II: Temario para os exercicios da fase de oposición
PARTE XERAL
Tema 1.- A Constitución Española de 1978: estrutura e principios xerais. A reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional. A organización territorial do Estado. O poder lexislativo e as Cortes Xerais. O poder executivo e órganos de goberno do Estado. O poder xudicial.
Tema 2.- Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantías dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas. A suspensión dos dereitos e liberdades.
Tema 3.- Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.
Tema 4.- Fontes do dereito administrativo. Sometemento da administración á lei e ao dereito.
Tema 5.- O procedemento administrativo:concepto e clases. Principios xerais e normasreguladoras As fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrución e terminación. O silencio administrativo.
Tema 6.- Especialidades dos procedementos administrativos locais. Rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.
Tema 7.- O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Motivación, notificación e publicación.
Tema 8.- Eficacia dos actos administrativos. A invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Principio de conservación do acto administrativo. Revisión de actos e disposicións pola propia administración. A acción de nulidade, procedemento e límites. Declaración de lesividade. Revogación de actos. A rectificación de erros materiais e de feito.
Tema 9.- Os recursos administrativos: Concepto e clases.
Tema 10.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. A Comunidade Autónoma de Galiza. Competencias. O Estatuto de Autonomía de Galiza.
Tema 11.- O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica.
Tema 12.- O municipio: concepto, elementos, competencias.
Tema 13.- A organización municipal. Pleno, Xunta de Goberno Local. Alcalde. Competencias de cada un deles.
Tema 14.- Relacións das entidades locais coas restantes entidades territoriais. O principio
de autonomía local.
Tema 15.- O persoal ao servizo das entidades locais: Clases e réxime xurídico. Dereitos e deberes do persoal. Situacións administrativas. Retribucións. Licencias e permisos. Incompatibilidades.
Tema 16.- Potestade regulamentaria local. As ordenanzas. Os regulamentos. Os bandos.
PARTE ESPECÍFICA
Tema 17.- A Lei Reguladora das Facendas Locais: ámbitos de aplicación. Os tributos locais: principios.
Tema 18.- Tributos: conceptos e elementos. Feito impoñible. Devengo. Exencións. Suxeitos pasivos. Responsabilidade e solidariedade.
Tema 19.- A recadación dos tributos. Órganos de recadación. O procedemento de recadación en período voluntario. Las entidades colaboradoras. O procedemento de recadación en vía de prema: Desenrolo do procedemento de prema.
Tema 20.- Procedemento de sanción das infraccións tributarias: concepto e clases. As sancións tributarias: clases e criterios de graduación.
Tema 21.- Os orzamentos das entidades locais: contido, procedemento de elaboración e aprobación. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A prórroga do orzamento.
Tema 22.- Estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: Delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica.
Tema 23.- O principio do equilibrio orzamentario. Estabilidade orzamentaria e regra de gasto.
Tema 24.- Execución do orzamento. As modificacións de creto: Concepto, clases, financiamento e tramitación. Gastos e ingresos: as súas fases. Os pagos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa.
Tema 25.- A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario. Remanente de tesourería: concepto e cálculo. Aforro neto e Plan de Saneamento Financeiro.
Tema 26.- A Conta Xeral das EE.LL. Contido e xustificación. Tramitación e información a subministrar ao Pleno.
Tema 27.- A tesourería das Entidades Locais: Réxime xurídico, concepto e funcións. A realización dos pagos: prelación. Procedementos e medios de pago.
Tema 28.- Os sistemas de contabilidade da Administración local. Principios xerais. Competencias. A instrución da contabilidade para a Administración local: estrutura e contido.
Tema 29.- As Ordenanzas Fiscais. Contido. Aprobación das ordenanzas fiscais e das súas modificacións. Impugnación.
Tema 30.- Os recursos das Facendas Locais no tocante aos municipios: enumeración.
Tema 31.- O IBI Urbano: natureza e características. Suxeitos pasivos, feito impoñible e exencións. Base impoñible e liquidable. Tipo de gravame e cota.
Tema 32.- O IBI Rústico e BICES: Natureza e características. Tipo de gravame e cota.
Tema 33.- O IAE: Natureza e feito impoñible. Casos de non suxeición e exencións. Suxeitos pasivos. Tarifas e cota tributaria.
Tema 34.- O ICIO e o IVTM: Natureza e feito impoñible.
Tema 35.- Diferenciación conceptual entre taxas, prezos públicos e contribucións especiais. Feitos impoñibles e obrigados ao pago.
Tema 36.- As subvencións. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Especial análise do procedemento de concorrencia competitiva. Xustificación das subvencións. Reintegro de subvenciones. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas.
Tema 37.- Os contratos do Sector Público: regulación e ámbitos de aplicación. Tipos e características dos contratos do Sector Público: contratos administrativos e contratos privados.
Tema 38.- O órgano de contratación: Especial referencia á administración local. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación.
Tema 39.- A preparación de contratos polas administracións públicas. Clases de expedientes de contratación. A selección do contratista: procedementos, formas e criterios de adxudicación. Garantías. Perfeccionamento e formalización do contrato. Contratos menores.
Tema 40.- A lexislación urbanística de Galiza. O ámbito da competencia urbanística. Fins e dirección da actividade urbanística. A clasificación do solo. As licencias e as comunicacións previas.
Tema 41.- A inspección urbanística. Protección da legalidade urbanística. Restauración da legalidade urbanística. Infraccións e sancións urbanísticas.

 

Share.