A Deputación provincial publicou no BOP nº 210 do 09/12/2020 a Resolución de Presidencia de aprobación das bases reguladoras do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2021.
Con data do 31/12/2020 publicouse a convocatoria do dito programa.
Con data do 20/01/2021 o Concello presentou unha solicitude ao devandito programa para a contratación de persoal temporal para a execución de servizos mínimos municipais.
Con data do 12/02/2021 publicouse no a resolución de concesión definitiva das subvencións do referido programa, sendo o Concello de San Sadurniño beneficiario dunha axuda de 56.000,00 euros.
Debido á urxencia para realizar a contratación, e no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local, RESOLVO:
1. Aprobar as bases para a primeira contratación laboral temporal de varios postos ao abeiro do Programa de integración laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos municipais dos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes anualidade 2021, elaboradas polo Técnico de desenvolvemento local, e que se engaden como anexo desta resolución.
2. Nomear ao seguinte tribunal de selección:
• Presidente: David Pena Montero ou traballador/a que o substitúa
• Secretario: Miguel A. Arroyo Moreno ou funcionario/a que o substitúa
• Vogal: Juan José Rodríguez Sueiras ou traballador/a que o substitúa
• Asesor: Ignacio Fernández López, en calidade de Técnico de Emprego e Desenvolvemento Local (con voz e sen voto)
3. Instar ao persoal municipal, e nomeadamente ao tribunal de selección, para que proceda, á maior brevidade, cos trámites para a urxente contratación do persoal temporal citado