Bases contratación 1 oficial/a forestal dentro do programa APROL Rural

0

A San Sadurniño correspondéronlle este ano 13.970 euros do programa APROL Rural convocado pola Xunta para favorecer o emprego a través da contratación durante 9 meses de persoas traballadoras desempregadas que fagan  tarefas relacionadas maioritariamente coa prevención de incendios.

O Concello xa ten listas as bases para efectuar o correspondente proceso selectivo dunha persoa coa categoría de oficial ou oficiala forestal, que se fará solicitándolle ao Servizo Público de Emprego de Galicia un listado de candidatas e candidatos que cumpran os requisitos e cun perfil laboral axeitado á convocatoria. Por iso non hai prazo público nin tampouco posibilidade de presentar solicitudes, senón que no proceso selectivo só poderán participar as persoas en situación de desemprego enviadas polo SPEG.

Posteriormente faranse os chamamentos e, deseguido, a fase de concurso valorando os méritos que establece a convocatoria do APROL. As persoas chamadas tamén deberán superar unha proba oral ou escrita sobre o coñecemento do territorio, sobre seguridade e manexo das ferramentas propias do posto.

Bases do concurso-oposición do programa APROL Rural
Acta proceso selectivo (publicada en web o 08/06/2022)

 

Share.