Axudas da Xunta para rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño

0

O Diario Oficial de Galicia publicou recentemente ao acordo que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma16).

Obxecto: axuda para adquirir materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño, cun mínimo de gasto de 1.000,00 euros.

Cómpre salientar que a compra e a solicitude deben facerse nos establecementos adheridos ao programa (consultalos na web http://www.igape.es/reforma16).

Persoas beneficiarias: particulares.

Convoca: IGAPE.

Prazo de solicitude: dende o 28/07/2016 ata o esgotamento do crédito.

Máis información no DOG núm. 132, do 13/07/2016 (http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia)

Share.