Ata o 4 de decembro: Preinscrición na Campaña de Inverno da Deputación da Coruña

0

A Deputación da Coruña volve poñer en marcha a Campaña de esquí na estación invernal de Cabeza de Manzaneda para escolares de toda a provincia. No programa pode participar rapazada empadroada en San Sadurniño con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos ou que os vaian ter feitos a 31 de decembro de 2020.

Desfrutarán de catro días na neve -do 14 ao 17 de febreiro- con aloxamento e mantenza, ademais de cursos de esquí e outras actividades. A San Sadurniño correspondéronlle tres prazas que se poden solicitar na Casa da Cultura ata o 4 de decembro. Daráselle prioridade na asignación a quen nunca participase nas campañas de inverno da Deputación e se houbese máis peticións que vacantes farase un sorteo público o luns 9 ás 12.30h. tamén na Casa da Cultura.

A viaxe ten un prezo de 85 euros que só se deberán ingresar despois de que confirmar a praza.

Información descargable:
Información e Folla de inscrición Campaña 2020
Autorización para administración de medicación
Recollida anticipada

Share.