Ata o 30 de setembro: Programa I de incentivos á contratación da Xunta de Galicia

0

A Xunta abriu o pasado 27 de xullo o prazo de solicitude dos incentivos para a contratación por conta allea e formación para este ano, que poderán pedirse até o 30 de setembro a través da Sede Electrónica autonómica.

A través desta convocatoria financiaranse os seguintes apartados:

  • Contratacións indefinidas iniciais, incluídas as de tipo fixo discontinuo, realizadas desde o 1 de outubro de 2020  ata o 30 de setembro de 2021, con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 da orde de convocatoria.
  • As contratacións temporais que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2020 e ata o 30 de setembro de 2021, con persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas segundo o establecido no artigo 5 da orde de convocatoria.

As axudas previstas ofrecen catro posibilidades, compatibles entre si:

  1. Incentivos á contratación indefinida inicial:  subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  2. Incentivos á contratación temporal: subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos: só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
  4. Incentivos á formación (opcional): dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Quen pode solicitar?
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos na orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen na orde.

O trámite debe facerse a través da Sede Electrónica da Xunta, onde tamén se atopa toda a información sobre o procedemento.

Share.