Ata o 3 de marzo: Inscrición no curso de limpeza de espazos abertos e instalacións industriais

0

A Deputación provincial abre un novo prazo de inscrición de persoas candidatas a este itinerario do proxecto EIXO no que se encadra a formación acreditada de nivel 1 de: LIMPEZA DE ESPAZOS ABERTOS E INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS

A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do programa do certificado de profesionalidade de Limpeza de espazos abertos e instalacións industriais, xunto coas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria. Na zona norte desenvolverase en Cerceda e na sur o curso terá lugar na localidade de Muros.

A data de inicio, prevista para mediados do mes de marzo, será comunicada ao longo do proceso de selección. O prazo de envío de solicitudes está aberto ata o mércores día 3 de marzo.

Recordamos os requisitos das persoas candidatas:

  • Mozas e mozos menores de 30 anos desempregadas/os da provincia da Coruña empadroados en concellos de menos de 50.000 habitantes, incluídas as persoas con discapacidade,
  • Non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación
  • Inscritas na Oficina de Emprego correspondente
  • Rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xove

As solicitudes hai que presentalas no Concello en que se estea empadroado/a. Para obter máis información pódese contactar co Técnico de Desenvolvemento local no 981 490 027 ou acudir ao dossier sobre dispoñible na páxina web do Plan de Emprego Local.

Share.