Ata o 28 de novembro: Exposición pública do proxecto de mellora da capacidade e da seguridade na AC-862

0

O Diario Oficial de Galicia do mércores 16 de outubro de 2019 publica o anuncio do trámite de información pública do proxecto de construción da mellora da capacidade e seguridade da AC-862, no treito comprendido entre a conexión coa AG-64 e o núcleo de Ponte Mera, así como a relación individual de bens, dereitos e persoas propietarias afectadas por estas obras.

O proxecto contempla a mellora e redeseño de interseccións, o encaixe e dimensionamento de carrís para vehículos lentos, a corrección de trazados en treitos curvos, a análise e ordenación de xiros á esquerda e a revisión da sinalización horizontal e vertical. No caso de San Sadurniño só se actuará a este respecto desde a saída do núcleo urbano, á altura do Outeiro, e a entrada no lugar de Riboira.

Veranse afectadas polas obras un total de 26 parcelas, situadas a un e outro lado dos aproximadamente 2,2 Km. de estrada sobre os que se vai actuar no noso concello.

De cara a que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito as observacións que crean convenientes ao respecto do proxecto e para achegar alegacións ou rectificacións sobre os bens, dereitos e persoas afectadas, a Axencia Galega de Infraestruturas expón ao público durante 30 días hábiles tanto o plano do trazado como a relación de referencias catastrais nas que terá incidencia. O prazo remata, polo tanto, o 28 de novembro.

A información pode consultarse nos concellos de San Sadurniño, Moeche e Cerdido, na Axencia Galega de Infraestruturas -Edificio administrativo de San Caetano, Santiago- ou no Servizo de Infraestruturas da Coruña, na rúa Vicente Ferrer nº 2.

Información descargable:
Anuncio do DOG do 16/10/2019 co inicio da información pública e a relación de bens afectados
Plano xeral do trazado e leiras afectadas (.PDF en tamaño A3, 700 Kb) Fonte: Proxecto AXI
Follas individuais das parcelas afectadas pola expropiación O Outeiro-Riboira e límite con Moeche (.PDF EN TAMAÑO A4, 33 MB) Fonte: Proxecto AXI
Cartografía da expropiación no termo municipal de San Sadurniño O Outeiro-Riboira e límite con Moeche, incluídas as fichas individuais das leiras (.PDF EN TAMAÑO A3, 50 MB) Fonte: Proxecto AXI

Proxecto publicado na web pola Axencia Galega de Infraestruturas  Advertencia icono gratis ¡¡¡¡INFORMACIÓN IMPORTANTE!!!!: Trátase dun documento en PDF cun peso superior a 2GB, polo que non se recomenda picar na ligazón desde dispositivos móbiles ou desde conexións a internet con límite de datos ou velocidades lentas. 

Share.