Ata o 25 de setembro: exposición do censo a efectos de candidaturas a xurados populares

0

Ponse en coñecemento da veciñanza que entre o 19 e o 25 de setembro estará exposto ao público o censo vixente, dentro do procedemento legal para a formación das listas de persoas candidatas a formar parte de xurados populares. Neste momento trátase só diso, dun prazo de consulta por se calquera atopa nos datos un erro que deba ser subsanado -enderezo, datos de identificación, etc.-, en ningún caso é un período de alegacións para non entrar formar parte do sorteo, que será efectuado en acto público na Delegación provincial do Censo Electoral (INE) o 27 de setembro ás 12.00h. O censo pode consultarse de luns a venres entre as 8.30 e as 14.30h. no Rexistro do Concello.

A Audiencia Provincial remitirá na segunda metade de outubro a lista de persoas que poderán ser chamadas para formar parte dun xurado. As reclamacións contra a inclusión poderán presentarse na primeira quincena de novembro perante o decanato de Primeira Instancia e Instrución do partido xudicial de Ferrol.

Hai varias circunstancias que impiden ou excusan de ser xurado, como por exemplo ter máis de 65 anos, ter sido xa xurado nos catro anos anteriores, ter cargas familiares que o impidan, desempeñar un traballo de relevante interese xeral, residir no estranxeiro, ser membro das forzas e corpos de seguridade, etc. Todas elas están recollidas na Lei Orgánica 5/1995, de 22 de maio, do Tribunal do Xurado.

Share.