Ata o 24 de novembro: exposición pública do padrón fiscal do Servizo de Axuda no Fogar

0

A Xunta de Goberno Local deste Concello, en sesión celebrada o día 23 de outubro de 2017, acordou aprobar o padrón cobratorio correspondente á prestación do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes do mes de setembro do presente exercicio 2017, que comprende un total de 41 recibos e ten un importe total de 4.330,68 euros, e á prestación do servizo de axuda no fogar de libre concorrencia do mes de setembro do presente exercicio 2017, que comprende un total de 7 recibos e ten un importe total de 160,80 euros, e de conformidade co disposto no artigo 124 da Lei xeral tributaria e 88 do Regulamento xeral de recadación, os citados padróns sométense mediante o presente a información pública polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios deste Concello, para que as persoas interesadas poidan examinalo e, no seu caso formular as reclamacións que estimen oportunas. Tendo en conta estes prazos, o padrón estará exposto até o día 24 de novembro de 2017.

Durante o prazo de exposición pública os interesados poderán interpor recurso de reposición perante o Concello de San Sadurniño, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición. Contra a resolución de recurso de reposición poderá interpoñer, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses.

O prazo de ingreso en período voluntario será de dous meses dende a publicación deste anuncio no BOP (contados desde o 3/11/2017). Transcorrido o mesmo procederase a esixir os xuros e os recargos que legalmente procedan.

Share.