Xa está aberto o prazo para apuntarse na próxima edición do primeiro mercado local do verán, que terá lugar nos xardíns municipais o domingo 26 de xuño. Como é habitual, nel poderán participar postos de venda de produtos frescos, alimentos transformados, viveiros, artesanía e segunda man.
A data límite para se inscribir é o 22 de xuño ás 14.00h. e a solicitude pode presentarse das seguintes maneiras:
- no Rexistro municipal, na Casa do Concello
- por correo postal: Concello de San Sadurniño, O Casal, 16, 15560 San Sadurniño
- por correo electrónico: agustin.perez @sansadurnino.gal
O listado de postos admitidos publicarase o 23 de xuño.
Descargas:
Ficha de inscrición e normas do mercado