Ata o 22 de xuño: Comunicación das fogueiras do San Xoán e do San Pedro

0

Publicado un bando da Alcaldía no que se sinalan as condicións de obrigado cumprimento para a celebración de fogueiras na noite do San Xoán e na véspera do San Pedro. Este ano a comunicación previa poderá facerse por teléfono, chamando ao 981 490 027 en horario de 8.30 a 14.30h. de luns a venres. O último día para facer o trámite é o 22 de xuño.

Deberase indicar o nome e apelidos da persoa responsable, o DNI e o lugar en que se instalará o material da fogueira -mellor facilitando a referencia catastral-. Lémbrase que estará prohibido facer lumes non comunicados previamente nin tampouco en chan público. Tampouco se poderán organizar cacharelas en terreos rústicos ou preto de instalacións (25 metros de separación) ou espazos con matogueiras ou forestais, dos que haberá que gardar polo menos 50 metros de separación.

Deberase seguir en todo momento a normativa sanitaria que estea en vigor nesas datas.

Bando da Alcaldía

Share.