Ata o 22 de setembro: Exposición pública do censo para o sorteo das listas de candidatas/os a Xurado

0

Entre o 16 e o 22 de setembro -ambos días incluídos- poderá consultarse no rexistro municipal o censo de San Sadurniño de cara á formación das listas de persoas candidatas a formar parte dun Xurado Popular. Esas listas -nas que só figuran persoas que poden ser chamadas- obteranse mediante un sorteo que celebrará a Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral o próximo 24 de setembro ás 12.00h.

A consulta dos datos só poderá facela a persoa interesada presentando o DNI, o pasaporte ou o permiso de conducir onde apareza a fotografía da persoa titular. Será necesario solicitar cita previa no 981 490 027 e o horario de atención é de luns a venres de 8.30 a 14.30h.

Unha vez que se  Audiencia Provincial remitirá na segunda metade de outubro a lista de persoas que poderán ser chamadas para formar parte dun xurado para a súa publicación no BOP e no tablón de anuncios municipal. As reclamacións contra a inclusión poderán presentarse na primeira quincena de novembro perante o decanato de Primeira Instancia e Instrución do partido xudicial de Ferrol.

Hai varias circunstancias que impiden ou excusan de ser xurado, como por exemplo ter máis de 65 anos, ter sido xa xurado nos catro anos anteriores, ter cargas familiares que o impidan, desempeñar un traballo de relevante interese xeral, residir no estranxeiro, ser membro das forzas e corpos de seguridade, etc. Todas elas están recollidas na Lei Orgánica 5/1995, de 22 de maio, do Tribunal do Xurado.

Share.