Ata o 22 de outubro: Exposición pública do inventario de bens municipais

0

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 2 de setembro de 2017, acordou aprobar o Inventario de Bens do Concello, que comprende tamén o Inventario de Camiños, ordeando a súa exposición pública polo prazo de corenta e cinco días naturais -o último día sería o 22 de outubro-, para que as persoas que poidan resultar afectadas polos mesmos teñan a oportunidade de consultalos e de presentar as solicitudes de modificación, reclamacións ou propostas que consideren oportunas.

Ligazón ao anuncio no BOP do 7/09/2017

Share.