Ata o 22 de marzo: Exposición pública do padrón fiscal do abastecemento de auga do 4º trimestre de 2018

0

Publicado no BOP do 27 de febreiro de 2019 o padrón cobratorio correspondente ao abastecemento domiciliario de auga potable do 4º trimestre de 2018. O citado padrón someterase a información pública polo prazo de quince días hábiles para que as persoas interesadas poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións que estimen oportunas.

O prazo de ingreso en período voluntario será de dous meses desde a publicación do anuncio no BOP. Transcorrido este tempo procederase a esixir os xuros e os recargos que legalmente procedan. No relativo ao canon da auga, a falta de pagamento no período voluntario suporá a esixencia do mesmo ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación.

Anuncio publicado no BOP do 27/02/2019

Share.