Ata o 22 de febreiro: inscricións no Mercado local do 26/02/2017

0

O Concello está preparando a organización do primeiro mercado local deste 2016, que se celebrará o domingo 26 de febreiro nos xardíns municipais. O prazo de preinscrición xa está aberto.  Quen queira participar cun posto neste encontro que se celebra nos xardíns municipais só ten que cubrir a solicitude dispoñible ao pé deste aviso e presentala dalgunha das seguintes maneiras:

-No Rexistro Municipal
-Por correo postal: Concello de San Sadurniño, Lugar do Casal 16, 15560 San Sadurniño
-Por correo electrónico: agustin.perez@sansadurnino.gal

A data límite para apuntarse é o 22 de febreiro ás 14.00 horas. A listaxe de persoas admitidas publicarase ao día seguinte tamén nesta web e nas redes sociais.

Solicitude de inscrición no mercado Local (.pdf)

Share.