Ata o 21 de xuño: inscricións no Mercado Local

0

O primeiro mercado  local do verán celebrarase o domingo 25 de xuño nos xardíns municipais. O prazo de preinscrición xa está aberto e nel, como é habitual, poderemos atopar produtos de temporada, pero tamén artesanía e artigos de segunda man.

O mercado local está aberto principalmente á pequena produción e comercialización co obxectivo principal de darlle saída aos produtos de calidade que produce a terra, ás manufacturas artesás e mesmo aos obxectos de saldo, potenciando para iso a venda directa.

As solicitudes poderán presentarse empregando algún dos seguintes medios:

  • no Rexistro municipal, na Casa do Concello
  • por correo postal: Concello de San Sadurniño, O Casal, 16, 15560 San Sadurniño
  • por correo electrónico: agustin.perez @sansadurnino.gal

A data límite para apuntarse é o 21 de xuño ás 14.00 horas. A listaxe de postos admitidos publicarase o 23 de xuño.

Descargas:
Ficha de inscrición e normas do mercado

Share.