Ata o 21 de marzo: Presentación de instancias para a elección de Xuíz/a de Paz e substituta/o

0

Publicado no BOP do 26/02/2019 o anuncio co inicio do expediente para a elección de xuíz/a de paz titular e de substitución, para que as persoas que estean interesadas e reúnan as condicións legais poidan solicitar por escrito a súa participación no proceso de elección por parte do Pleno Municipal.

Será necesario dirixir á alcaldía unha instancia axustada ao modelo contido no Anexo I, indicando o posto ou postos ao(s) que concorre. A instancia ha de achegarse no Rexistro Xeral do Concello de San Sadurniño, en horario de atención ao público, ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015. O prazo finaliza o 21 de marzo de 2019.

Pode ser xuíz ou xuíza de paz calquera persoa con nacionalidade española, maior de idade, que non estea condenada por ningún delicto e que tampouco teña causas de incapacidade ou incompatibilidade para desempeñar funcións xudiciais. Non é necesario ter licenciatura en dereito, aínda que si se valorará tanto ese como outros méritos.

Anuncio e anexo de solicitude publicado no BOP do 26/02/2019

Share.