Ata o 20 de xuño: Convocatoria para a contratación temporal de 3 persoas con cargo ás axudas do PIL da Deputación da Coruña

0

Consonte o Decreto da Alcaldía do 06/06/2018 resolveuse a convocatoria e máis as bases, para a contratación laboral temporal, mediante o procedemento de concurso-oposición, do seguinte persoal:

1 Posto para condución de camión e maquinaria, durante 6 meses, a tempo completo
1 Posto para tarefas de albanelería, a tempo parcial (6 horas/día), durante 5 meses
1 Posto de peonaxe, a tempo parcial (6 horas/día), durante 5 meses

As instancias para participar neste procedemento poden presentarse até o xoves 20 de xuño, tendo en conta o prazo de cinco días hábiles estipulado no anuncio publicado no BOP do 13/06/2018.

Información descargable:
Anuncio do Boletín Oficial da Provincia
Bases do procedemento completas
Anexos coa folla de solicitude e o temario

Share.