Ata o 20 de outubro: exposición pública do regulamento e da modificación de ordenanzas do abastecemento e da rede de sumidoiros

0

Na sesión do pleno municipal celebrada o día 2 de setembro de 2017, acordouse aprobar provisionalmente o Regulamento R-12, do servizo municipal de abastecemento de auga xunto coas modificacións das Ordenanzas Fiscais T-1, reguladora da Taxa pola prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga e T-2, reguladora da Taxa do servizo de recollida e tratamento de augas residuais.

En cumprimento do establecido nos artigos 49 e 70-2 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, e 56 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicions legais vixentes en materia de réxime local,  os expedientes sométense a información pública polo prazo de trinta días, a contar desde o seguinte o da publicación do  anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que poida ser examinado e se presenten, no seu caso, as reclamacións que se estimen oportunas.

O prazo de exposición finaliza o 20 de outubro.

Anuncio publicado no BOP o 7/09/2017 relativo ao regulamento
Regulamento completo en PDF

Anuncio publicado no BOP o 7/09/2017 relativo á modificación das ordenanzas fiscais T1 e T2
Ordenanza T1 completa en PDF
Ordenanza T2 compelta en PDF

Share.