Ata o 20 de novembro : Cobranza de tributos municipais en período voluntario

0

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou na súa edición do 2 de outubro de 2018 as normas de cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos daqueles municipios que teñen delegada esa xestión na Deputación. No caso de San Sadurniño trátase dos seguintes:

  • Imposto sobre bens inmobles urbanos e rústicos do exercicio 2018
  • Imposto sobre bens inmobles de características especiais do exercicio 2018
  • Imposto sobre actividades económicas do exercicio 2018
  • Taxa pola recollida do lixo do exercicio 2018

Trala exposición pública dos correspondentes padróns, a Deputación enviará unha carta cos documentos de pagamento a aquelas persoas suxeitas aos tributos que non o teñan domiciliado. Neses casos lémbrase que as contías deberán ingresarse en calquera das seguintes entidades:

  • Abanca
  • Banco Sabadell
  • Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
  • Banco Santander
  • Panco Popular Español/Banco Pastor
  • Caixabank

Para maior comodidade, desde a Deputación recomendan domiciliar os recibos de cara a próximos exercicios, algo que se poderá facer devolvendo o impreso de autorización bancaria que acompaña a carta de pagamento.

Por outra banda tamén se lembra que o servizo de recadación remitirá as cartas, como moi tarde, o 13 de novembro (7 días antes da finalización do período voluntario) e que do día 21 de novembro ao 31 de decembro estaremos xa en período de recadación executiva, que suporá un recargo nos recibos do 5%. Se os tributos non se pagan tampouco nese prazo, as cartas de pagamento xa non serán válidas e haberá que acudir directamente ás oficinas de recadación para que nos proporcionen un novo documento de ingreso para ir ao banco. As máis próximas son:

  • Narón– No baixo da antiga Casa do Concello, en Xubia, onde atenden os luns, mércores e venres de 9 a 14.00h. – 981 397 083 e 981 397 084 – zona2@dacoruna.gal
  • Ferrol– Na rúa Naturalista López Seoane 5 (Esteiro), con horario de atención de 9 a 14.00h. de luns a venres – 981 355 795 e 981 080 196 – zona2@dacoruna.gal

Anuncio publicado no BOP do 02/10/2018

Share.