Ata o 19 de outubro: Exposición pública dos padróns do IBI e do IAE

0

Ata o día 19 de outubro poderán consultarse no Concello ou na Deputación da Coruña os padróns fiscais correspondentes ao exercicio de 2017 do Imposto sobre Bens Inmobles -a denominada “contribución”- e o de Actividades Económicas. Os padróns son un listado no que figuran tanto os datos dos obrigados tributarios -quen ten que pagar- como as cantidades que deberán satisfacer.

A exposición pública dos padróns é, de feito, unha notificación colectiva que se lle fai a todas as persoas interesadas antes de que a Deputación lles cobre o recibo, xa que o Concello de San Sadurniño ten delegada nela a xestión destes impostos.

Así, entre o 14 de setembro e o 19 de outubro -ambos incluídos- poderán consultarse nas dependencias municipais e provinciais os listados dos seguintes impostos:

-Imposto sobre actividades económicas

-Imposto sobre bens inmobles urbanos

-Imposto sobre bens inmobles de características especiais

-Imposto sobre bens inmobles rústicos

A información relativa aos datos dos padróns e a matrícula definitiva do IAE só se lle facilitará aos obrigados tributarios ou aos seus representantes debidamente acreditados. As reclamacións contra as liquidacións que conteñen os padróns poderán presentarse mediante un recurso de reposición perante o presidente da Deputación no prazo de 1 mes, contado desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública dos padróns fiscais.

Anuncio publicado no BOP do 13/09/2017

Share.