Ata o 28 de febreiro: Solicitude de bolsas de estudo e axudas da EIM A Rolada

0

Publicadas no BOP do 30/01/2018 as bases e maila convocatoria de bolsas para estudos obrigatorios e post obrigatorios, así como as axudas para familias usuarias da Escola Infantil Municipal A Rolada. A cantidade total das axudas ascende a 25.000 euros, distribuídos da seguinte maneira: 10.000 euros para bolsas de estudos postobrigatorios (máximo 600€/bolsa), 5.000 euros para estudos obrigatorios (máximo 200€/bolsa), 8.000 euros para axudas da EIM (máximo 1.500€/por menor) e 2.000 euros de reserva para situacións socioeconómicas especiais.  O prazo para a solicitude das axudas -que finalizaba o 19 de febreiro- ampliouse por resolución da alcaldía ata o 28 de febreiro.

Documentación descargable:
Bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia
Anexos de solicitude: .ODT, .DOC.PDF

Share.