Ata o 19 de decembro: solicitude de prácticas remuneradas en empresas para mocidade menor de 30 anos

0

O Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña está programando un itinerario de prácticas sen formación específica dirixido a mozas e mozos menores de 30 anos en situación de desemprego que posúan unha titulación de Técnico Medio e Superior en FP ou certificado de profesionalidade de nivel 3,  Diplomadas e Licenciadas e/ou con Graos Universitarios, sen experiencia laboral, e que estean inscritas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Este itinerario concíbese como unha oportunidade de prácticas profesionais de 760 horas, aproximadamente 6 meses de duración, para 15 mozas e mozos que buscan o seu primeiro emprego en postos relacionados coa formación académica ou laboral (certificado de profesionalidade de nivel 3) adquirida no sistema de educación regrada ou non regrada, en calquera da súas especialidades, fomentando así a súa empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional.
Este itinerario realizarase nas instalacións das empresas colaboradoras que asinen o Acordo de Participación.

Previamente haberá unha formación grupal nas accións complementarias e transversais (igualdade, novas tecnoloxías, orientación, inglés …).

A xornada laboral obrigatoria desenvolverase de acordo ao que estipule a empresa colaboradora e o seu convenio colectivo para o posto de traballo a desenvolver. A localización dependerá da situación da empresa acolledora. A  formación grupal desenvolverase en horario de mañá nas instalacións cedidas para tal efecto pola empresa adxudicataria do contrato deste servizo.

As persoas interesadas de San Sadurniño deberán presentar a súa solicitude no Concello ata o día 19 de decembro de 2018. Hai máis información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local.

Share.