Ata o 18 de marzo: Exposición do censo electoral para as Eleccións Xerais 2019

0

As listas do Censo Electoral de San Sadurniño para as eleccións a Cortes Xerais 2019 poderán consultarse nas oficinas municipais, previa identificación da persoa interesada co DNI, o pasaporte ou o permiso de conducir no que apareza a fotografía da persoa titular.

O prazo e os horarios de consulta son os seguintes:
do 11 ao 18 de marzo, ambos incluídos, de luns a venres entre as 08.30 e as 14.30h.

A exposición do Censo Electoral ten por obxectivo facilitar a corrección de erros de todo tipo que poidan figurar nese listado, como por exemplo os datos de filiación (nome e apelidos, dni), os datos de enderezo ou os dos niveis de estudos. Por este motivo é importante que fagan a consulta aquelas persoas que fixeron recentemente os 18 anos de idade e aquelas que cambiasen de domicilio dentro do concello neste ano.

As reclamacións presentadas fóra do prazo de consulta non terán efecto para este proceso electoral e resolveranse posteriormente.

Share.