Ata o 15 de marzo: solicitude de bolsas escolares e axudas da EIM A Rolada para o curso 2018/2019

0

Publicadas con data 18/02/2019 as bases e mailos anexos de solicitude da convocatoria de bolsas escolares e axudas á conciliación na EIM A Rolada. O obxecto destas bases é o de regular a concesión de bolsas para gastos derivados do estudo e axudas para sufragar gastos xurdidos dos servizos de conciliación da súa vida laboral e familiar prestados na Escola Infantil Municipal “A Rolada”, por parte do Concello de San Sadurniño, para o ano 2019.

Para o financiamento deste programa de bolsas escolares establécese un crédito de contía máxima de 25.000,00 €, recollidos nos orzamentos municipais para o 2019. Desta cantidade, 15.000,00 € serán para axudas ao estudo, dos cales 10.000,00 € irán destinados ós estudos posobrigatorios e 5.000,00 € aos estudos obrigatorios e 2.º ciclo de educación infantil, tal e como se describe nas bases.

Para o financiamento das axudas para sufragar gastos dos servizos de conciliación da súa vida laboral e familiar prestados na Escola Infantil Municipal “A Rolada”, establécese un crédito de contía máxima de 8.000,00 € que serán distribuídos segundo o establecido no artigo 4 das bases.

Os 2.000,00 € restantes serán para atender posibles casos de situacións socioeconómicas especiais, previo informe social con proposta da cantidade e que serán valorados polos departamentos municipais de benestar social e igualdade.

O prazo de presentación de instancias finaliza o venres 15 de marzo.

Bases e anexos (html)
Bases e anexos de solicitude (.Pdf)

Anexo I
Anexo II
Anexo III

Share.